Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 12 de xaneiro de 2022 Páx. 1165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2021 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Lobeira I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da concesión administrativa e da batea Lobeira I, resulta:

a) Antecedente:

O 21 de outubro de 2021, María Isabel Silva García solicitou autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Lobeira I.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e a Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior, resolvo:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mejilloneras Lorenzo-Fungueiriño, S.L. (DNI/NIF B70439575), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Lobeira I.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 116.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividad.

Orde de outorgamento: 5.11.1976.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: María Isabel Silva García (***7968**) e María Mercedes Silva García (***7711**).

Nova titular: Mejilloneras Lorenzo-Fungueiriño, S.L. (B70439575).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. As actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da Consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas das anteriores, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 20 de decembro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña