Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2022 Páx. 985

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sobrado

ANUNCIO da aprobación do cambio de uso dunha parcela municipal.

O Pleno do Concello de Sobrado, en sesión plenaria do 30.11.2021, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o cambio de uso dotacional da parcela sita no lugar de Sobrado, parroquia da Porta, con referencia catastral 15081A002015750001SD, na cal se atopa unha edificación recoñecida como antiga escola infantil, do seguinte xeito: modifícase a delimitación do equipamento docente DCX-1, que pasa a estar dividido en equipamento docente DCX-1: 5.592 m2, equipamento sanitario-asistencial SAX-3: 3.028,60 m2 e equipamento servizos urbanísticos SRX-11: 546,40 m2.

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG e remitilo á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e efectos, así como para a inclusión nos sistemas de información urbanística da Comunidade Autónoma. No anuncio de aprobación farase constar a dita remisión.

En cumprimento do establecido no punto segundo deste acordo, faise constar que, mediante oficio do alcalde do 14 de xullo de 2021, se remitiu o acordo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia.

Sobrado, 10 de decembro de 2021

Luis Lisardo Santos Ares
Alcalde