Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2022 Páx. 781

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300B).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 21 das bases reguladoras da Orde do 28 de xullo de 2021, publícanse as subvencións concedidas por resolución do director xeral de Comercio e Consumo, por delegación do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación (Orde do 24.6.2021; DOG núm. 127, do 6.7.2021), relacionadas no anexo.

Norma reguladora: Orde do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións, para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CO300B).

Crédito orzamentario: 428.265,15 €

Aplicación orzamentaria: 06.03.751A.781.1

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2021

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo

ANEXO

Entidade beneficiaria

Importe subvención

Asoc. Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi)

7.864,39 €

Federación Unión Comercio Coruñesa

36.000,00 €

Federación de Comercio de Ourense

19.153,09 €

Federación Galega de Xoieiros, Plateiros e Reloxeiros

36.000,00 €

Federación de Asoc. de Comercio de la Confederación de Empresarios de Lugo

52.500,00 €

Federación de Prazas de Abastos de Galicia

36.000,00 €

Federación de Asoc. de Comerciantes, Empresarios, Industriales-Fesurga

25.672,55 €

Consorcio Comercio do Salnés

17.310,99 €

A Mariña Federación

36.000,00 €

Federación de Profesionais e Pequenos Empresarios-Rías Baixas

36.000,00 €

Federación de Comercio Vigo. F. de Entid. y Empres. del Comerc. y Serv. de la Provincia de Pontevedra

18.376,88 €

Federación de Entidades Empresariales del Comercio de la Provincia de A Coruña

36.000,00 €

Federación Provincial de Comercio, Turismo y Mercados

35.387,25 €

Federación Comercio e Hostalería Vigo Comercio

36.000,00 €