Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2022 Páx. 964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 10 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude para a ampliación do perímetro de afección da concesión de explotación Richinol número 7139, situada no termo municipal de Melide (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 23.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, esta xefatura territorial

ACORDA:

Someter ao trámite de información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración para a ampliación do perímetro de afección da concesión de explotación Richinol número 7139, situada no termo municipal de Melide (A Coruña), e promovido por Canteras de Richinol, S.L.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2ª planta, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.gal ou no teléfono 981 18 49 13, así como no portal da dita consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

As posibles alegacións formularanse por escrito ante este órgano administrativo e presentaranse en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 10 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña