Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2022 Páx. 959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 17 de decembro de 2021 polo que se notifican as resolucións de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello da Illa de Arousa (expediente SCOVID/AILLADEAROUSA/0033 e oito máis).

O Concello da Illa de Arousa ditou resolución dos expedientes sancionadores SCOVID/AILLADEAROUSA/0033 e oito máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación das resolucións por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta nos correspondentes expedientes sancionadores, estas foron devoltas polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación das resolucións ditadas nos procedementos sancionadores en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publican na súa integridade as notificacións referidas, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro dos actos que se notifican están á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello da Illa de Arousa, situadas na rúa Palmeiras, 25, A Illa de Arousa, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírtese ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas só cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se atope a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

David Castro Sanmartín
Funcionario da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF

Persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

SCOVID/AILLADEAROUSA/0033

35484446T

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0069

35483450Q

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0088

35600358S

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0098

35634298F

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0114

35631011D

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0119

45862783R

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0127

35481723Z

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0129

35473103L

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/AILLADEAROUSA/0148

35474240Y