Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2022 Páx. 910

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 13 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503D).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, así como no artigo 23 das bases reguladoras da convocatoria,

RESOLVO:

Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Turismo de Galicia (http://turismo.xunta.es//) o resultado do proceso de concesión das subvencións previstas, que se financiarán cun crédito total de 3.500.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.A2.761A.760.1, código de proxecto 2015 00006, que figuran no anexo desta resolución, concedidas ao abeiro da Resolución do 13 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2021

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións
de mellora das infraestruturas turísticas

Entidade

beneficiaria

Descrición actuación

Importe da subvención

Concello de Porto do Son

Acondicionamento do miradoiro do Monte Taúme

29.815,32 €

Concello de Curtis

Melloras da senda ao carón do río Carregal desde o centro etnográfico

30.000,00 €

Concello das Nogais

Mellora do acceso ao paseo fluvial do río Valdeparada nas Nogais

29.935,88 €

Concello da Teixeira

Adecuación do espazo destinado a estacionamento de vehículos e instalación da iluminación ornamental no miradoiro do monte do Outeiro

29.927,10 €

Concello do Incio

Rehabilitación do muíño do río Cabe

29.999,46 €

Concello de Samos

Proxecto de execución de camiño peonil en Renche

14.540,51 €

Concello de Oia

Intervención en dous lavadoiros situados en Burgueira. Lavadoiro de Torroña e lavadoiro de Bonaval

30.000,00 €

Concello de Parada de Sil

Acondicionamento de miradoiros no concello

30.000,00 €

Concello de Trabada

Instalación de iluminación ornamental no acceso e no aparcadoiro de autocaravanas

30.000,00 €

Concello de Dozón

Creación dun miradoiro paisaxístico no lugar do Castro

30.000,00 €

Concello de Frades

Sinalización dos recursos turísticos do concello

30.000,00 €

Concello de San Cristovo de Cea

Acondicionamento do forno público da Torre

30.000,00 €

Concello de Ribadavia

Actuacións de conservación da igrexa da Madalena

30.000,00 €

Concello de Portomarín

Acondicionamento de espazo público para estacionamento de vehículos de visitantes

29.997,90 €

Concello de Crecente

Recuperación da arquitectura tradicional en fonte do Pazo-Casal e fonte-lavadoiro da Reastrada

30.000,00 €

Concello de Sober

Mellora de infraestruturas turísticas municipais

29.993,60 €

Concello de Boborás

Proxecto de humanización da eira de Vilachá

30.000,00 €

Concello de Trazo

Beirarrúas e rede de pluviais en Chaián

30.000,00 €

Concello de Pantón

Iluminación ornamental-fase II, mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón

29.999,99 €

Concello de Boqueixón

Mellora de accesibilidade á ruta dos pescadores no campo do río de Ponteledesma

30.000,00 €

Concello de Antas de Ulla

Acondicionamento de local para casa-museo en Santa Mariña

30.000,00 €

Concello de Bóveda

Miradoiro do Alto do Coto en Serra de Penas

30.000,00 €

Concello de Ares

Proxecto básico e de execución de mellora e modernización de inmoble de institucións culturais e mellora da accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas

28.280,14 €

Concello de Oímbra

Recuperación de forno tradicional de interese etnográfico en Bousés

30.000,00 €

Concello de Corcubión

Embelecemento e accesibilidade na rúa Pepe Miñones e contorna

25.199,17 €

Concello de Cartelle

Recuperación paisaxística e mellora da iluminación ornamental no campo da feira de Cartelle

29.927,24 €

Concello de Boimorto

Mellora da contorna da lagoa de Boimil e sendeiro A Telleira

30.000,00 €

Concello de Ribeira de Piquín

Adecuación de espazo público para estacionamento de vehículos de visitantes, en Chao de Pousadoiro

28.498,96 €

Concello de Cervo

Reforma da planta de acceso da casa da cultura

30.000,00 €

Concello de Mondoñedo

Adecuación de espazos de acceso ao conxunto histórico de Mondoñedo para visitantes e turistas

15.502,34 €

Concello da Veiga

Mellora paisaxística no contorno da praia O Coiñedo

30.000,00 €

Concello de Xunqueira de Espadanedo

Ruta interpretativa porta do Canón do Sil

29.887,00 €

Concello de Cee

Memoria técnica subministración de cubrecontedores

14.610,75 €

Concello da Fonsagrada

Proxecto de embelecemento de recursos turísticos

29.994,74 €

Concello de Dumbría

Mellora accesibilidade na pasarela da fervenza do Ézaro

30.000,00 €

Concello de Ponte Caldelas

Subministro dunha pantalla multimedia dixital para a posta en valor dos recursos turísticos do concello de Ponte Caldelas

15.000,00 €

Concello de Cabana de Bergantiños

Centro de recepción turística para roteiros no esteiro do Anllóns

30.000,00 €

Concello de Allariz

Adecuación e embelecemento do contorno de San Isidro no núcleo histórico de Allariz

30.000,00 €

Concello de Val do Dubra

Miradoiro no Picoto de Arnexo

30.000,00 €

Concello de Monterrei

Iluminación pública no exterior do castelo de Monterrei

30.000,00 €

Concello de Beariz

Melloras de accesibilidade nas praias fluviais de Doade e Magros e sinalización do roteiro das minas de estaño e volframio

30.000,00 €

Concello de Touro

Pasarela sobre o rego Lañas na ruta da fervenza das Hortas

30.000,00 €

Concello de Lobios

Rehabilitación do forno de Cimadevila

30.000,00 €

Concello de Nogueira de Ramuín

Anteproxecto para a mellora da sinalización e embelecemento das infraestruturas turísticas do concello

30.000,00 €

Concello de Begonte

Mellora e embelecemento do contorno do club fluvial do concello de Begonte

29.987,66 €

Concello do Pereiro de Aguiar

Obras de recuperación, creación de sendeiros e posta en valor dos elementos de interese turístico do concello do Pereiro de Aguiar: rutas do río Grañal, Sicenata Pacata e circular de Covas-San Pedro de Rocas

29.971,09 €

Concello de Muíños

Mellora das infraestruturas turísticas no concello

30.000,00 €

Concello de San Xoán de Río

Miradoiro no núcleo do Aciveiro

29.794,89 €

Concello de Quiroga

Mellora dos accesos aos miradoiros de Vilañán

30.000,00 €

Concello de Lobeira

Mellora de infraestruturas turísticas no concello

30.000,00 €

Concello de Guntín

Embelecemento e mellora de accesos á igrexa de Santa María de Mosteiro

29.999,53 €

Concello de Valga

Recuperación e posta en valor da senda e do miradoiro das fervenzas de Parafita e Raxoi

29.277,51 €

Concello de Melide

Posta en valor e difusión dos valores ambientais e culturais dos Montes do Bocelo e a súa contorna

30.000,00 €

Concello da Pobra de Trives

Miradoiro das Penas de Rome

30.000,00 €

Concello de Rois

Humanización do contorno da igrexa de Rois

29.612,75 €

Concello de Toén

Acondicionamento de diferentes recursos no concello

18.053,20 €

Concello de Castrelo de Miño

Ruta do Camiño Real

29.998,88 €

Concello de Bande

Embelecemento de vía pública de acceso ao complexo arqueolóxico Aquis Querquennis Porto Quintela-Bande

29.999,93 €

Concello de Santiso

Creación dun miradoiro sobre o río Ulla

11.294,38 €

Concello da Merca

Memoria valorada das obras de mellora do contorno da igrexa da Mezquita

29.999,99 €

Concello de Ribas de Sil

Adecuación e mellora da accesibilidade do aparcadoiro do Cimar (Centro de interpretación da minaría aurífera romana)

30.000,00 €

Concello de Outeiro de Rei

Mellora do contorno da área de autocaravanas

30.000,00 €

Concello das Neves

Recuperación da contorna do Río Xuliana, tramo I: sendeiro muíños da Ribadeira

30.000,00 €

Concello de Larouco

Rehabilitación da casa reitoral de Larouco

30.000,00 €

Concello do Vicedo

Sinalización dos recursos turísticos do Vicedo con instalación de paneis interpretativos

29.964,32 €

Concello de Manzaneda

Bancos-miradoiros Manzaneda Rede Natura 2000

26.377,67 €

Concello de Camariñas

Creación do miradoiro Alto da Vela

25.000,00 €

Concello de Cenlle

Construción de miradoiro e acondicionamento de área recreativa

29.990,82 €

Concello de Abegondo

Rede soterrada de baixa tensión para dar subministración ao campamento turístico de Beche

17.244,76 €

Concello de Vilamarín

Mellora de iluminación ornamental no acceso aos recursos turísticos: miradoiro, muíño e lavadoiro de Portamieiro

29.930,67 €

Concello do Pino

Aparcadoiro de autocaravanas no Lameiro

29.980,86 €

Concello de Lousame

Sinalización interpretativa, informativa e direccional de recursos turísticos no concello

29.999,99 €

Concello de Cortegada

Mellora das infraestruturas turísticas no concello

30.000,00 €

Concello de Leiro

Sinalización turística con ocultación de contedores en zonas rurais

29.649,84 €

Concello de Folgoso do Courel

Sinalización e acondicionamento de diversos recursos turísticos no concello

29.892,67 €

Concello de Vilariño de Conso

Recuperación do forno tradicional no lugar de Pradoalbar

30.000,00 €

Concello de Toques

Posta en valor e difusión dos valores ambientais e culturais dos montes do Bocelo e a súa contorna. Creación de sendeiro homologado pola FGA Ruta dos montes do Bocelo-Teito da Coruña

30.000,00 €

Concello de Baralla

Actuacións para recuperación e posta en valor da fonte da praza maior de Baralla

30.000,00 €

Concello de Pol

Adecuación de espazo público para estacionamento de vehículos de visitantes, no núcleo urbano de Mosteiro

28.828,93 €

Concello de Vilarmaior

Sinalización turística no concello

30.000,00 €

Concello de Monterroso

Sinalización de recursos turísticos no concello

29.999,64 €

Concello de San Sadurniño

Mellora das infraestruturas turísticas municipais no ano 2021

30.000,00 €

Concello de San Cibrao das Viñas

Mellora de camiños, ruta de sendeirismo, accesos a muíños e á área recreativa da Boutureira

30.000,00 €

Concello da Arnoia

Creación de miradoiro na cima do monte dos Chaos e adecuación de aparcadoiro para a súa integración no contorno do recurso turístico

29.954,60 €

Concello da Lama

Embelecemento da avenida Barreiro Cabanelas de acceso a BIC en Laxedo

29.996,56 €

Concello de Miño

Rehabilitación dos muíños situados na ruta dos muíños do río Medio

30.000,00 €

Concello de Covelo

Mellora do contorno da igrexa e casa reitoral de Barciademera

29.908,53 €

Concello de Mugardos

Instalación de paneis interpretativos turísticos nas parroquias de Mugardos: Franza, Mugardos, Meá e Piñeiro

29.964,32 €

Concello de Castro Caldelas

Creación e sinalización de rutas BTT e punto de acollida

30.000,00 €

Concello de Outes

Sinalización e iluminación dos recursos turísticos

30.000,00 €

Concello de Esgos

Ampliación do centro de BTT da Ribeira Sacra

29.882,24 €

Concello de Carballeda de Valdeorras

Mellora de miradoiro en Sobradelo no camiño de inverno

29.983,17 €

Concello de Taboadela

Embelecemento do núcleo rural de Abeledo

30.000,00 €

Concello de Vilasantar

Recuperación e creación da ruta dos muíños do río das Gándaras

30.000,00 €

Concello de Tordoia

Acondicionamento e mellora das rutas de sendeirismo PR-G 88 e PR-G 89

30.000,00 €

Concello de Arbo

Rehabilitación dos miradoiros do río Miño en Arbo

29.933,22 €

Concello do Irixo

Sinalización turística no concello

30.000,00 €

Concello de Ribadeo

Ruta de sendeirismo río Lexoso

22.227,70 €

Concello de Cospeito

Actuacións de recuperación e mellora paisaxística no parque periurbano da Feira do Monte

30.000,00 €

Concello de Carballeda de Avia

Sinalización de recursos turísticos en Carballeda de Avia

30.000,00 €

Concello de Ramirás

Restauración de hórreos no lugar do Tellado

22.748,28 €

Concello de Celanova

Embelecemento das vías de acceso ao mosteiro de San Salvador, avenida San Rosendo e avenida Fco. González Rey, consistente no ocultamento de contedores de residuos

17.990,28 €

Concello de Abadín

Sinalización de recursos turísticos

30.000,00 €

Concello de Salceda de Caselas

Posta en valor turístico de recursos patrimoniais de interese etnográfico

29.818,03 €

Concello do Saviñao

Mellora e embelecemento do contorno turístico do concello

29.988,04 €

Concello de Friol

Execución do lousado do camiño Real no contorno do núcleo de Friol

29.889,86 €

Concello de Valdoviño

Mellora de plataforma en Ferrerías para habilitar aparcadoiro

30.000,00 €

Concello de Portas

Reparación de instalación de ascensor e estrutura metálica de plataforma do miradoiro da Azucreira de Portas

29.979,13 €

Concello de Soutomaior

Subministración de sinalización turística

17.881,56 €

Concello de Maceda

Restauración do patio de armas do Castelo de Maceda

29.474,75 €

Concello de Meis

Recuperación de elementos da arquitectura tradicional: restauración e conservación do hórreo da Casa de Escudeiro

29.931,53 €

Concello de Carnota

Miradoiro paisaxístico de Bico do Santo

30.000,00 €

Concello de Cedeira

Intervención no campo do Castro de Cedeira

28.677,00 €

Concello da Mezquita

Rehabilitación do centro de interpretación de recursos turísticos e recepción de visitantes

30.000,00 €

Concello de Xinzo de Limia

Habilitación temporal para aparcadoiro público en superficie de interese público

14.940,40 €

Concello de Negreira

Mellora da sinalización dos recursos turísticos: bens culturais e patrimoniais

30.000,00 €

Concello de Calvos de Randín

Recuperación de camiño histórico para a ampliación de ruta entre os sitios arqueolóxicos do castelo da Picoña e a aldea de Pena

25.240,60 €

Concello de Piñor

Sinalización de rutas de sendeirismo do concello

30.000,00 €

Concello dos Blancos

Mellora e sinalización de recursos turísticos no concello

30.000,00 €

Concello do Bolo

Recuperación e tratamento paisaxístico do contorno do castelo do Bolo

29.147,27 €

Concello de Maside

Actuacións arqueolóxicas no marco do proxecto para a revitalización e posta en valor do patrimonio arqueolóxico das terras do concello de Maside

21.193,76 €

Concello de Burela

Mellora e creación de diversos espazos turísticos no concello. Miradoiros e área recreativa do Monte Castelo, áreas recreativas no rego de Pumares e ampliación da ruta circular

29.984,77 €