Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 11 de xaneiro de 2022 Páx. 977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de novembro de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construcción para a Humanización da PO-323 no termo municipal de Vigo, primeira fase, de clave PO/20/012.09, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referido.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 19 de novembro de 2021 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción Humanización da PO-323 no termo municipal (TM) de Vigo. 1ª fase, de clave PO/20/012.09.

O obxecto do proxecto é a definición e o desenvolvemento da solución óptima das actuacións necesarias para realizar a humanización da estrada PO-323, no treito comprendido entre a intersección da dita estrada coa avenida Mariña Española e o IES Leixa, no termo municipal de Vigo. Este proxecto englóbase dentro das actuacións que está levando a cabo a Xunta de Galicia na PO-323 co fin de humanizar esta vía de entrada na cidade e fomentar a mobilidade sostible na zona, coa adopción de medidas para calmar o tráfico rodado e mellora dos itinerarios peonís existentes.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, se somete a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, 36071 Pontevedra) e no Concello de Vigo (praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/transparencia/procedementos-informacion-publica/estudos-proxectos) atópase á disposición dos interesados o proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Humanización da PO-323 no TM de Vigo. 1ª fase, de clave PO/20/012.09.

Concello de Vigo. Pontevedra.

Referencia catastral

Titular

DNI

Situación básica do solo

Clasificación

urbanística

Sup. expropiación (m²)

Bens

UD

1

5379607NG2757N

Herdeiros de Gil Vicente, José

Solo urbanizado

Solo urbano consolidado (ordenanza 3)

305

Peche

48

ml

2

5379803NG2757N

Innova Ac Gestión Integral Inmuebles, S.L.

B36954725

Solo urbanizado

Solo urbano non consolidado (apr A-5-19)

94

Vivenda

146

3

5379802NG2757N

Alonso Couñago, María

***7063**

Solo urbanizado

Solo urbano non consolidado (apr A-5-19)

73

Vivenda

144

4

5379801NG2757N

Herdeiros de Gil Domínguez, Carmen

***3652**

Solo urbanizado

Solo urbano non consolidado (apr A-5-19)

41

Vivenda

78

5

5278642NG2757N

Guerra Vieitez, José e Vaqueiro Testas, Esperanza

***7681** e ***2604**

Solo urbanizado

Solo urbano non consolidado (apr A-5-19)

7

Peche bloque/ 1 ud. traslado portal

5

ml

6

5578401NG2757N

Concello de Vigo

P3605700H

Solo urbanizado

Solo urbano non consolidado (apr A-5-19)

9

7

5679206NG2757N

Pehuenche, S.L.

B36879724

Solo rural

Solo urbano consolidado (api-01)

159

Peche bloque

13

ml

8

5679215NG2757N

Inversiones Cota Mil, S.L.

B36817070

Solo rural

Solo urbano consolidado (api-01)

399

9

5679205NG2757N

Concello de Vigo

P3605700H

Solo rural

Solo urbano consolidado (api-01)

485

Peche bloque

18

ml

10

5679201NG2757N

Inversiones Cota Mil, S.L.

B36817070

Solo rural

Solo urbano consolidado (api-01)

271

Peche bloque

20

ml

11

5679202NG2757N

Inversiones Cota Mil, S.L.

B36817070

Solo rural

Solo urbano consolidado (api-01)

286

Peche bloque

5

ml

12

5679203NG2757N

Inversiones Cota Mil, S.L.

B36817070

Solo rural

Solo urbano consolidado (api-01)

210

13

5679204NG2757N

Concello de Vigo

P3605700H

Solo rural

Solo urbano consolidado (api-01)

233

14

54057A00700432

Hros. de Joaquín

Solo rural

Solo urbano non consolidado (apr A-5-05)

37