Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2022 Páx. 725

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Feiras e Exposicións de Ourense

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2021 pola que se nomea a Mario González Rodríguez para cubrir a praza de director técnico deportivo.

Rematado o proceso de selección para a provisión do posto de director/a técnico/a deportivo/a da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense (Expourense), publicadas as puntuacións obtidas polos/as aspirantes na cualificación final, tendo á vista as correspondentes actas do tribunal de selección, e superado o prazo previsto nas bases reguladoras da convocatoria, procede o nomeamento de Mario González Rodríguez para cubrir a praza prevista.

Por último, ordeno a publicación da presente resolución no DOG para continuar cos trámites da contratación.

Ourense, 29 de decembro de 2021

Rogelio Martínez González
Director xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense