Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 10 de xaneiro de 2022 Páx. 643

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2021.

De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade dos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do primeiro e segundo cuadrimestres do ano 2021, que se incorporan como anexo a esta resolución.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2021

Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO

Convenio

Importe

Data de sinatura do convenio

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións de Amas de casa, Consumidores e Usuarios-Brétema para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

30.000 €

12 de abril de 2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia-Adicae-Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

25.000 €

4 de xuño de 2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Euroconsumo para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

30.000 €

16 de abril de 2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Unión de Consumidores de Galicia-Ucgal para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

25.000 €

13 de abril de 2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia-Fuciga para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas coas que conta na Comunidade Autónoma de Galicia.

30.000 €

30 de abril de 2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Dereito) no eido do dereito de consumo e a arbitraxe de consumo.

30.000 €

22 de abril de 2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior para o desenvolvemento de actividades de formación no programa consumo sénior.

12.000 €

6 de abril de 2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e ONCE-Galicia para o desenvolvemento dun taller de formación, accesibilidade e asesoramento no programa consumo accesible.

Sen custo

6 de abril de 2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de talleres de formación no programa consumo accesible.

Sen custo

14 de abril de 2021

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e Cáritas Diocesana de Tui-Vigo para o desenvolvemento de talleres de formación no programa consumo accesible.

Sen custo

6 de abril de 2021