De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
O acto adoptouno a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Pontevedra.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 7, andar 4º, Pontevedra.
Dada a situación actual ocasionada pola COVID-19 a comparecencia solicitarase a través do seguinte correo electrónico: cita.igvs.pontevedra@xunta.gal
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Pontevedra, 20 de decembro de 2021
María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-047/21.
NIE: Y5660503X.
Acto obxecto de notificación: requirimento en relación co expediente de construción PO-2007/701, conta 18.