Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 29 de decembro de 2021 polo que se fai pública a resolución do premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo cuarta edición.

Mediante a Orde do conselleiro de Facenda e Administración Pública do 6 de maio de 2021 (DOG núm. 93, do 20 de maio) aprobáronse as bases reguladoras e convocouse a XXIV edición do Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia. O dito premio foi dotado cun importe de 3.500 €, segundo o establecido pola base terceira da convocatoria.

En cumprimento do establecido na base décimo primeira da dita Orde do 6 de maio de 2021 «a adxudicación do premio realizarase mediante resolución da directora da EGAP, de acordo coa proposta do xurado». Esta resolución de adxudicación foi ditada por delegación en virtude do disposto polo punto 1.i) da Resolución da Dirección da EGAP, do 17 de decembro de 2007, sobre delegación de competencias no secretario xeral.

De acordo co exposto, faise pública a Resolución do 27 de decembro de 2021 da concesión do premio Manuel Colmeiro na súa vixésimo cuarta edición, que foi adoptada de acordo coa proposta do xurado e seguindo o procedemento regulado na referida Orde do 6 de maio de 2021, e que literalmente di:

«De acordo coa proposta do xurado do premio e logo de ver a proposta precedente,

RESOLVO:

Adxudicar o premio Manuel Colmeiro, na súa vixésimo cuarta edición, a Juana Isabel Ferreiro López-Rioboo, con NIF 32828403C, polo traballo titulado «25 anos do Laboratorio de Consumo de Galicia do IGCC: o compromiso da Administración pública galega coa creación e mantemento dun centro técnico na procura dos obxectivos estratéxicos comunitarios pola defensa dos dereitos das persoas consumidoras».

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou ben de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a), 14 e 46 respectivamente da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2021

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2 de xaneiro de 2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública