Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 582

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela.

Mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación cos inmobles que a seguir se describen, impostas polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Lugar

Propietario

8859825NH1085N0001RY

Rúa Condesa, 18, Barrantes

José Ramón Mosteiro Buceta

María Dolores García Lojo

En cumprimento do disposto na letra c) do ordinal oitavo da Instrución 1/2008, do 26 de abril (DOG núm. 87, do 7 de maio), publícase este anuncio para os efectos da notificación da comunicación e do requirimento para recordar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas, cuxo contido será obxecto de publicación no Boletín Oficial del Estado (TEU). A partir desta última publicación comezarase a computar o prazo de quince (15) días naturais para que as persoas responsables cumpran coa obligación de xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Ribadumia, sitas na avenida de Ribadumia, 3, Ribadumia, das 8.00 ás 15.00 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 13.00 horas, os sábados.

Ribadumia, 10 de decembro de 2021

David José Castro Mougán
Alcalde