Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 585

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para a cobertura de prazas de persoal funcionario e postos de traballo de persoal laboral fixo incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2018, 2019 e 2020 (CL2021N).

No Boletín Oficial da provincia número 234, do 2 de decembro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídos nas ofertas de emprego público dos anos 2018, 2019 e 2020:

– Unha praza de técnico/a de Administración xeral, rama económica, encadrada na escala de Administración xeral, subescala técnica, integrada no grupo A1, polo sistema de oposición libre.

– Dúas prazas de técnico/a medio de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala de xestión, integradas no grupo A2, polo sistema de oposición libre.

– Tres prazas de auxiliar de Administración xeral, unha reservada para persoas con discapacidade, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, integradas no grupo C2, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 15 de decembro de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL