Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 519

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se concede a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.

De conformidade co establecido no punto décimo da Resolución desta secretaría xeral do 7 de outubro de 2021, pola que se regula a xestión de probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pertencentes á Rede de Centros Plurilingües, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles aos centros que se relacionan no anexo desta resolución a dotación económica que se indica para a xestión das probas de nivel lingüístico para o alumnado dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pertencentes á Rede de Centros Plurilingües.

Segundo. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2021

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO

Centros concedidos

Código do centro

Nome do centro

Prazas solicitadas

Importe concedido

15003376

CPI Plurilingüe O Cruce

2

200,00 €

15005221

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

101

10.100,00 €

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

21

2.100,00 €

15008039

CPI Plurilingüe Cernadas de Castro

16

1.600,00 €

15014738

CPI Plurilingüe dos Dices

7

700,00 €

15015755

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

83

8.300,00 €

15021482

IES San Clemente

32

3.200,00 €

15021767

IES Plurilingüe Castro da Uz

30

3.000,00 €

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

52

5.200,00 €

15023399

CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón

7

700,00 €

15024513

CIFP Someso

22

2.200,00 €

15026121

IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

37

3.700,00 €

15026388

IES Plurilingüe Fontexería

74

7.400,00 €

15026421

IES Plurilingüe Rafael Dieste

118

11.800,00 €

15026716

IES Plurilingüe Adormideras

108

10.800,00 €

15026731

IES Campo de San Alberto

21

2.100,00 €

15027721

IES Plurilingüe de Ames

150

15.000,00 €

15027851

IES Plurilingüe A Cachada

36

3.600,00 €

27002249

CPI Plurilingüe de Castroverde

8

800,00 €

27003175

IES Val do Asma

35

3.500,00 €

27006528

CIFP As Mercedes

25

2.500,00 €

27006966

IES Plurilingüe San Rosendo

28

2.800,00 €

27014811

IES Plurilingüe Fontem Albei

42

4.200,00 €

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

156

15.600,00 €

32016285

IES de Vilamarín

23

2.300,00 €

32016765

CIFP Portovello

17

1.700,00 €

36000405

CPI Plurilingüe Alfonso VII

10

1.000,00 €

36002359

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

68

6.800,00 €

36004745

IES Plurilingüe A Paralaia

95

9.500,00 €

36005865

CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios

8

800,00 €

36013448

CIFP Manuel Antonio

11

1.100,00 €

36016127

IES Plurilingüe Aquis Celenis

89

8.900,00 €

36020261

IES Plurilingüe Terra de Turonio

12

1.200,00 €