Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2021/209-4).

Para os efectos previstos na Lei Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTA, LMTS, CTC O Pinar.

Localización: Ribadumia.

Características técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 en dous tramos. Primeiro tramo de 42 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-1000/13 (F2Q5ERIK) e final no apoio existente F2PTQN1D, e un segundo tramo de 47 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente HV-1000/13 (F2Q5ERIK) e final no apoio proxectado C-2000/14. Liña de media tensión subterránea de 20 kV con condutor RHZ1 de 575 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000-14 e final no CT proxectado. Centro de transformación de 250 kV, compacto manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT e R.T. 20000/400 V. As obras están situadas nos lugares de Caponiñas, na parroquia de Barrantes, e O Pino, na parroquia de Sisán da Bouza, na parroquia de Pontellas, no concello de Ribadumia (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 15 de decembro de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2021/209-4.

Denominación: LMTA, LMTS, CTC O Pinar.

Concello: Ribadumia.

Lugar

Cultivo

Referencia castrastral

Titular

Apoio e CT

Afeccións

m2

ml aér.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Viña do Monte

Rústico

36046F503004140000ZX

Isidro Erín Leal

1

15,16

47,0

722,21

2

Pinar, O

Rústico

36046G503007970000GD

Manuel Llamas Fraga e Lorenzo Fraga Castro

CT

16,81

4,0

16,36