De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.
Segundo o disposto no artigo 18.1 da Resolución do 3 de febreiro de 2021, o órgano competente para ditar a resolución de concesión destas axudas é o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.
Na súa virtude, a Dirección da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
RESOLVE:
Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.
Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2021
José Luis Cabarcos Corral
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
ANEXO
Convocatoria:
Resolución do 3 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2021.
Programa e crédito orzamentario:
Esta resolución financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 14.A2.561A.770.0 por un valor total de 2.250.000,00 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 450.000,00 euros en 2021, 1.350.000,00 euros en 2022 e 450.000,00 euros en 2023. Financiarase integramente co cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao 75 %, con fondos propios da Xunta de Galicia nun 22,5 % e con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 2,5 %.
Finalidade:
Apoio de proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.
Beneficiarios, proxectos e contías:
Núm. de expediente |
Título |
Beneficiarios |
CIF |
Axuda concedida 2021 |
Axuda concedida 2022 |
Axuda concedida 2023 |
Axuda total |
FEADER 2021/001A |
VIÑ@SoStible-Valorización de residuos vitivinícolas na elaboración de viños sostibles |
Viña Costeira S. Coop. Galega |
F32002230 |
19.855,01 |
75.274,74 |
54.869,55 |
149.999,30 |
FEADER 2021/002A |
Leme: novas tecnoloxías para estimación das emisións entéricas de metano en vacas de leite |
Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite |
G15228141 |
29.124,19 |
76.357,31 |
42.449,78 |
147.931,28 |
FEADER 2021/006A |
Eiravine: desenvolvemento de protocolo de recuperación de viñedo ecolóxico optimizando a súa lonxevidade e sustentabilidade |
Cume do Avia, S. Coop. Galega |
F32337123 |
13.237,98 |
36.906,78 |
19.537,98 |
69.682,74 |
FEADER 2021/016A |
Sensorsoil |
Asociación de Desenvolvemento Rural Odega |
G15917305 |
11.842,09 |
64.743,04 |
31.341,93 |
107.927,06 |
FEADER 2021/019A |
Avaliación como axente de biocontrol do extracto obtido a partir do residuo do prensado de sementes de camelias sp. na extracción de aceite |
Galiplant Ornamental, S.L. |
B94100013 |
11.572,00 |
31.664,00 |
19.920,00 |
63.156,00 |
FEADER 2021/023A |
Valnasom-Valorización da nata de soro mediante a produción de manteiga premium |
Queizuar, S.L. |
B15594401 |
25.500,00 |
70.500,00 |
54.000,00 |
150.000,00 |
FEADER 2021/026A |
Emprego de modelos matemáticos en produtos nutracéuticos a base de té e lúpulo |
Orballo Innovaciones Forestales, S.L. |
B70349543 |
25.500,00 |
87.920,00 |
36.240,00 |
149.660,00 |
FEADER 2021/028A |
Valorización do soro de queixaría e desenvolvemento de novos produtos funcionais |
Queixería Prestes, S.L. |
B27364199 |
12.139,45 |
34.555,79 |
14.498,34 |
61.193,58 |
FEADER 2021/035A |
Revalorización de horta ecolóxica cara a alimentos minimamente procesados |
Conservas do Támega, S.L. |
B32354086 |
13.920,00 |
32.780,00 |
23.804,00 |
70.504,00 |
FEADER 2021/038A |
Apixen |
Asoc. Sectorial Forestal Galega-Asefoga |
G15560576 |
21.675,66 |
88.071,68 |
40.252,66 |
150.000,00 |
FEADER 2021/053A |
Bioproinsect-Bioprocesamento de insectos para a obtención de produtos de valor engadido |
Galinsect, S.L. |
B94201977 |
17.151,52 |
68.757,73 |
59.265,60 |
145.174,85 |
FEADER 2021/058A |
Caracterización de botánicos para desenvolver cosméticos eco bioactivos |
Milhulloa, S. Coop. Galega |
F27267921 |
4.780,00 |
10.120,00 |
9.060,00 |
23.960,00 |
FEADER 2021/064A |
Sistema modular de vermixestión de xurros para a súa valorización como fertilizante. Agropurín |
Ecocelta Galicia, S.L. |
B36449643 |
11.437,51 |
60.796,62 |
48.771,05 |
121.005,18 |
FEADER 2021/066A |
Posta en valor da faba de Lourenzá: sanidade da semente, cultivo e comercialización |
Unión de Cooperativas Agaca |
F15156557 |
20.040,00 |
47.645,60 |
41.781,60 |
109.467,20 |
FEADER 2021/070A |
Nematodo-Screen: infravermello próximo para seleccionar por susceptibilidade o nematodo |
Madera Plus Calidad Forestal, S.L. |
B32429474 |
22.535,56 |
43.926,34 |
53.212,00 |
119.673,90 |
FEADER 2021/071A |
Optimización da dieta de ceba nas diferentes categorías da raza Cachena |
Proyecto Miña Terra, S.L. |
B70612262 |
24.715,44 |
83.662,94 |
41.621,62 |
150.000,00 |
FEADER 2021/072A |
Algaterra: novos insumos agrícolas para a mellora de cultivos en ecolóxico elaborados con algas mariñas de Galicia |
Porto-Muíños, S.L. |
B70314570 |
12.321,72 |
83.355,07 |
50.694,73 |
146.371,52 |
FEADER 2021/076A |
Greencastanea. Produción castiñeiro micorrizado in vitro e selección intravarietal de variedades de IXP |
Hifas Foresta Sociedad Limitada |
B94194834 |
23.006,27 |
83.895,95 |
43.097,78 |
150.000,00 |
FEADER 2021/080A |
Pastoreo 4.0: avaliación das funcionalidades dun sistema de monitorización do gando en pastoreo con intelixencia artificial |
Innogando, S.L. |
B27518547 |
8.352,00 |
25.364,72 |
8.805,30 |
42.522,02 |