Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 17 de decembro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se lles notifican a varias persoas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo polos servizos sanitarios prestados neste centro.

Mediante a presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria ES34 0081 5363 21 0001083014 do Banco Sabadell, S.A. nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producira o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte a esta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboeiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 17 de decembro de 2021

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense,
Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda

Y05901787R

Fra. 202102547

13.5.2021

513,74 €

11698645V

Fra. 202105496

4.10.2021

3.450,28 €

36151789K

Fra. 202105499

4.10.2021

401,94 €

44478053D

Fra. 202105943

28.10.2021

256,87 €

X00270676N

Fra. 202106288

15.11.2021

401,94 €

Y07771439Y

Fra. 202102768

27.5.2021

361,59 €

Y05517120D

Fra. 202104964

15.11.2021

1.017,05 €

51986523Z

Fra. 202105959

28.10.2021

2.782,62 €

44442820N

Fra. 202105498

4.10.2021

256,87 €

49711162C

Fra. 202105941

27.10.2021

256,87 €

45146726A

Fra. 202105500

4.10.2021

256,87 €

Y07910467E

Fra. 202103501

5.7.2021

401,94 €

Y06158547N

Fra. 202105970

28.10.2021

361,59 €