En sesión que tivo lugar o día 25 de novembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 003 do grupo V (ordenanza e outras) de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo), acordou:
Primeiro. Declarar exentas de realizar o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo a todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 da orde de convocatoria.
Segundo. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.
De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021
Javier Suárez Salvado
Presidente do tribunal