Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 4 de xaneiro de 2022 Páx. 241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 14 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cedeira (expediente-e IN407A 2021/195-1).

Expediente-e: IN407A 2021/195-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMT CDR806, apoio 34-26, no lugar da Trabe.

Concello: Cedeira.

1. Características técnicas.

– Substitución na LMT 20 kV CDR806 do apoio número B0G8YP5G//34-26 en mal estado por un novo apoio metálico de celosía tipo C 1000/14 e retensado dos vans anteriores e posteriores, cunha lonxitude de 354 metros, con orixe no apoio B0HCDSM6//34-25 de formigón existente, condutor tipo LA-56 e remate no apoio B0EEUYOR//34-28 de formigón existente.

2. Lexislación de aplicación.

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2-2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no Concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 14 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2021/195-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMT CDR806, apoio 34-26, no lugar da Trabe.

Concello: Cedeira.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: Tomba.

Cultivo: rústico.

Propietarios: María del Carmen e José Manuel Rodríguez Aldao.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio núm.: 34-26.

– m²: 2,0.

Referencia catastral: 15022A064006090000ID.