Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 4 de xaneiro de 2022 Páx. 253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 20 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente A-PO-2015/147.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en aplicación da disposición transitoria terceira, letra a), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede do Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sita no Edificio Administrativo da avenida Mª Victoria Moreno, nº 43, 4º, Pontevedra (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, logo de cita no teléfono 986 80 56 50.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 20 de decembro de 2021

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

Acto notificado

A-PO-2015/147

B94075587

Resolución