Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 4 de xaneiro de 2022 Páx. 245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 30 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental presentados por Froitos Ecolóxicos do Deza, S.L., para a ampliación dunha explotación avícola para produción de ovo campeiro situada no concello de Antas de Ulla (expediente 2021-IPPC-I-35).

Conforme o disposto no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) faise público que, por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– «Ampliación de explotación avícola para produción de ovo campeiro».

Para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2021-IPPC-I-35.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.a) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Peticionaria: Froitos Ecolóxicos do Deza, S.L.

NIF: B94103801.

Razón social: lugar de Adelán, nº 4, parroquia de Gillar, 36530 Rodeiro, Pontevedra.

Localización da instalación: lugar de Seixo, parroquia de San Fiz de Amarante, 27578 Antas de Ulla, Lugo.

Actividade: explotación avícola de posta de ovo campeiro para consumo humano.

Descrición: o proxecto presentado basease na ampliación dunha explotación avícola para produción de ovo campeiro.

Actualmente a explotación dispón de dúas naves con capacidade para 31.360 prazas para galiñas poñedoras e unha esterqueira, proxectándose a construción de dúas naves máis con capacidade para 37.672 prazas para galiñas poñedoras e dunha nova esterqueira.

As poliñas entran ao inicio do ciclo de posta con 150 días procedentes doutras explotacións de cría. Os ciclos de produción teñen unha duración da orde de 390 días cun baleiro sanitario de 30 días, tralo cal as aves serán enviadas ao matadoiro. A explotación conta con zona dedicada a parque de exercicio ao cal as galiñas terán acceso directamente desde as naves.

O esterco xerado na explotación será entregado a un xestor autorizado e unha pequena parte será valorizada en parcelas agrícolas. Para o almacenamento do esterco a explotación disporá de dúas esterqueiras impermeables e cubertas exteriores.

Verteduras:

– Augas residuais procedentes dos aseos das naves existentes e das naves proxectadas, que serán conducidas á súa respectiva fosa estanca para posteriormente ser entregadas a xestor autorizado.

– Augas residuais de limpeza das naves, que serán conducidas ás esterqueiras da explotación (cos seos depósitos de lixiviados), para posteriormente ser xestionadas conxuntamente co esterco.

– Augas pluviais, que non se canalizarán verténdose directamente ao medio.