Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 3 de xaneiro de 2022 Páx. 129

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 36/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contarse desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento, procedan á xestión da biomasa segundo o establecido nos artigos 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire esta lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Referencia catastral

Expediente

Titular

36049A012015180001LB

2004/2021

Dorinda Pérez Pérez

36049A022004140001LA

2108/2021

En investigación

36049A017002270000KH

2095/2021

Mariano Vaqueiro Rodríguez

36049A022004900000KK

2492/2021

Mercedes Pérez Cabaleiro

36049A036000330000KM

2555/2021

Descoñecido

36049A015009130000KU

3063/2020

Descoñecido

Salceda de Caselas, 10 de decembro de 2021

Verónica Tourón Domínguez
Alcaldesa