Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 3 de xaneiro de 2022 Páx. 109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2021 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Relámpago II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Relámpago II e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 29 de outubro de 2021, Juan María García Iglesias solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Relámpago II.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, a favor de Juan María García Iglesias (***6745**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Relámpago II.

Situación:

Cuadrícula nº: 177.

Polígono: C.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 6.7.1962.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Juan María García Dios (***1548**).

Novo titular: Juan María García Iglesias (***6745**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas do anterior desde o momento da formalización da mellora en escritura pública e, en particular, nas obrigas derivadas da axuda percibida en concepto de investimentos produtivos en acuicultura (expediente PE205F 2020/043-5) por importe de 51.328,50 €, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 30 de novembro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo