De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que se menciona no anexo a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De no efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
Lugo, 15 de decembro de 2021
Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-S-34/2020.
Denunciada: Adriana Ramírez Ordóñez.
Establecemento: café bar La Torre.
Enderezo: rúa Ramón Cabanillas, 2.
Localidade: Sarria.
Precepto infrinxido: artigo 35 alíneas b) e i) e artigo 43.1 da Lei 7/2011.
Tipo de infracción: artigo 109.2 alíneas a) e c) da Lei 7/2011.
Cualificación: leve.
Resolución: 26 de outubro de 2021.
Sanción: apercibimento.