Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 65264

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 15 de decembro de 2021 polo que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/161/2020-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o día 17 de novembro de 2021, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras existentes en solo rústico consistentes nunha construción de tipoloxía residencial, unha construción auxiliar con tipoloxía de almacén e un pavimento de formigón no lugar de Tarreo do Campo, no termo municipal de Arteixo (referencia catastral 15005A020000670000PU), provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución ás persoas titulares do documento nacional de identidade 33218760S e 33223300D, mediante este anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificaselles ás persoas interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística