BDNS (Identif.): 603260.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as seguintes entidades radicadas en Galicia que realicen ou teñan como actividade principal a I+D+i:
– Universidades públicas e privadas.
– Centros, institutos de investigación e institucións de carácter sanitario públicos e privados.
– Centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, integrados nalgunha consellería, así como outros centros e organismos públicos de investigación de Galicia.
– Empresas pertencentes ao sector público autonómico, así como empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica e outras empresas pertencentes ao sector privado.
– Centros tecnolóxicos, centros de apoio á innovación tecnolóxica e outros centros privados de I+D+i.
Segundo. Obxecto
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria pública en réxime de concorrencia non competitiva para o ano 2022 das subvencións do Programa Investigo (código de procedemento TR349V).
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas, destinadas ao financiamento do Programa Investigo, de contratación de persoas mozas demandantes de emprego na realización de iniciativas de investigación e innovación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento TR349V).
Cuarto. Importe
Para a concesión destas axudas destínanse trece millóns cento vinte sete mil oitocentos vinte e tres euros (13.127.823 euros).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de solicitude de axudas desta orde iníciase o 3 de xaneiro de 2022 e remata o 3 de febreiro de 2022.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2021
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade