Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 64853

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2021, conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se adxudican as axudas da Orde do 15 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, Programa de doutoramentos industriais, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2021 (código de procedemento IN606D).

A Orde do 15 de setembro de 2021 (DOG núm. 192, do 5 de outubro), conxunta da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, establece as bases reguladoras e a convocatoria de axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) en empresas, centros de innovación e tecnoloxía, Programa de doutoramentos industriais.

A Orde do 10 de decembro de 2021 (DOG núm. 238, do 14 de decembro) modificou a Orde do 15 de setembro de 2021.

O obxecto desta convocatoria busca promover a execución de proxectos de investigación industriais definidos entre universidades, empresas e centros de innovación e tecnoloxía como base para a realización dunha tese de doutoramento, asumindo, por tanto, a contratación de estudantes de doutoramento que realizarán neste marco a súa correspondente formación como investigadores.

Este programa de doutoramento industrial permite deseñar e realizar a tese de doutoramento nunha contorna empresarial, orientando o proxecto de investigación que a sustenta á resolución das necesidades e problemas dunha empresa ou centro de innovación e tecnoloxía concretas. Ademais, fináncianse estadías no estranxeiro de tres meses de duración, co obxecto de que poidan acadar a mención de doutora ou doutor internacional.

No artigo 3 da orde de convocatoria determínase quen pode ser beneficiario e, no artigo 5.4, os requisitos que deben cumprir as persoas candidatas ás axudas.

De acordo co establecido no artigo 12 da convocatoria, unha vez analizadas as solicitudes, o 10 de decembro de 2021 publicouse a lista definitiva de solicitudes admitidas y excluídas.

As solicitudes foron ponderadas por un equipo avaliador formado por persoas expertas de fóra do Sistema de I+D+i galego, coa colaboración da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), a partir da documentación indicada no artigo 6 da convocatoria e segundo o baremo que se indica no artigo 13.

O resultado desta avaliación foi entregado á comisión de selección definida no artigo 14 da orde de convocatoria, que elaborou un informe para o órgano instrutor en que figuran as entidades beneficiarias, xunto coa prelación das persoas candidatas a destinatarias das axudas, e as listas de espera para posibles substitucións.

A competencia para resolver estas axudas corresponde conxuntamente á persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación e á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, de acordo co artigo 15 da convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido no artigo 15 das bases da convocatoria e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da Comisión de Selección, reunida o día 13 de decembro de 2021, a través da Axencia Galega de Innovación e da Secretaría Xeral de Universidades,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Conceder as axudas para a formación de doutores e doutoras das universidades do SUG en empresas e centros de innovación e tecnoloxía, Programa de doutoramentos industriais, convocadas pola Orde do 15 de setembro de 2021 ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I desta resolución, no cal se reflicte tamén a zona de estadía concedida para as persoas que a solicitaron.

No ámbito das empresas concédense 12 axudas e no ámbito de centros de innovación e tecnoloxía concédense 3 axudas, de acordo co indicado no artigo 14 da convocatoria.

Segundo. Establecer unha lista de espera, que se inclúe como anexo II, para determinar posibles substitucións, segundo os criterios establecidos no artigo 14. Nesta lista figuran por orde decrecente de puntuación as solicitudes que non acadaron a puntuación suficiente para seren adxudicatarias da axuda pero que teñen unha puntuación igual ou superior á mínima establecida pola Comisión de Selección.

Terceiro. Todas as solicitudes que figuran nos anexos I e II desta resolución cumpren os requisitos establecidos nas bases da convocatoria. Así mesmo, as solicitudes que non figuran relacionadas nos citados anexos entenderanse denegadas ou desestimadas.

Cuarto. A data de comezo dos contratos será o día 29 de decembro de 2021.

Quinto. As axudas concedidas financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 e anos sucesivos, de acordo coa seguinte distribución segundo a estrutura de pagamento recollida no artigo 25 das bases da convocatoria, tal como se indica na seguinte táboa:

Entidade beneficiaria

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria e código de proxecto

Crédito (en euros)

2021

2022

2023

2024

Total

Empresas

12

06.A2.561A.470.0 (2016.4)

12.000,00 €

300.000,00 €

346.000,00 €

288.000,00 €

946.000,00 €

12

06.A2.561A.770.0 (2016.4)

0,00 €

60.000,00 €

60.000,00 €

60.000,00 €

180.000,00 €

Centros de innovación e tecnoloxía

3

06.A2.561A.480.0 (2016.4)

3.000,00 €

75.000,00 €

83.000,00 €

72.000,00 €

233.000,00 €

3

06.A2.561A.781.0 (2016.4)

0,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

15.000,00 €

45.000,00 €

Universidades do SUG

15

10.20.561B.744.0 (2016.129)

0,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

450.000,00 €

Total convocatoria

15.000,00 €

465.000,00 €

654.000,00 €

585.000,00 €

1.854.000,00 €

A Axencia Galega de Innovación financiará as axudas que correspondan ás empresas e centros de innovación e tecnolóxicos e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade só financiará as axudas que correspondan ás universidades do SUG por importe de 450.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 10.20.561B.744.0 (código de proxecto 2016 00129) no marco do Plan de financiamento do Sistema universitario de Galicia 2016-2020 (aprobado polo Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de outubro de 2015, DOG número 221, do 19 de novembro), que se atopa prorrogado en 2021 ao abeiro do disposto no artigo 36 da Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. As anualidades 2022, 2023 e 2024 integraranse no novo plan de financiamento para os anos seguintes, sempre que así o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Sexto. As entidades beneficiarias deberán enviar un escrito de aceptación da axuda á Axencia Galega de Innovación, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, e vincularán as persoas seleccionadas ás súas entidades mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 18 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación e ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación e Presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Axudas concedidas

Empresas

Nº expediente

NIF da entidade

Entidade

NIF persoa investigadora doutorada candidata

Persoa investigadora doutorada

Aplicación orzamentaria

Importe (en euros)

Réxime de minimis (Reglamento (UE) 1407/2013)

2021

2022

2023

2024

Total

19_IN606D_2021_2609949

A36924140

Marine Instruments, S.A.

***8135**

Sara Recondo Estévez

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

03_IN606D_2021_2597786

B15850647

Balidea Consulting & Programming, S.L.

***9549**

Andrés Piñeiro Martín

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

04_IN606D_2021_2598528

A28019206

Ferrovial Construcción, S.A.

***6646**

Anxo Méndez Vilar

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

31.000,00

24.000,00

81.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

36.000,00

29.000,00

96.000,00

06_IN606D_2021_2600276

B70455605

MD. Use Innovations, S.L.

***6617**

Alexandre Blanco González

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

33_IN606D_2021_2613922

B70326459

Biostatech Advice Training & Innovation in Biostatistics, S.L.

***7285**

Jesús Gutiérrez Botella

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

20_IN606D_2021_2610629

B36021954

Insuíña, S.L.

***8368**

Xoel Souto Guitián

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

09_IN606D_2021_2602026

B42952028

Celtarys Research, S.L.

***2191**

Lucía González Pico

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

16_IN606D_2021_2608973

B27464445

Parteluz Estudio, S.L.U.

***8004**

Diana Pérez Belón

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

14_IN606D_2021_2607768

A28197036

Abanca Servicios Financieros E.F.C., S.A.

***5726**

Jorge Castiñeiras Rella

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

11_IN606D_2021_2604925

B70616990

Bflow, S.L.

***8795**

Bastián Carnero Groba

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

23_IN606D_2021_2612054

B15757941

Cinfo Contenidos Informativos Personalizados, S.L.

***3677**

Bruno Cabado Lousa

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

25.000,00

24.000,00

75.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

30.000,00

29.000,00

90.000,00

31_IN606D_2021_2613745

36138763J

Vanesa Redondo Fernández

***5060**

Adrián Alonso Núñez

06.A2.561A.470.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Si

06.A2.561A.770.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

Centros de innovación e tecnoloxía

Nº expediente

NIF da entidade

Entidade

NIF persoa investigadora doutorada candidata

Persoa investigadora doutorada

Código de proxecto

Aplicación orzamentaria

Importe (en euros)

Réxime de minimis (Reglamento (UE) 1407/2013)

2021

2022

2023

2024

Total

22_IN606D_2021_2610812

G36871424

Fundación Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG)

***5643**

Rubén Rodríguez Vieitez

2016 .4

06.A2.561A.480.0

1.000,00

25.000,00

25.000,00

24.000,00

75.000,00

Non

06.A2.561A.781.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

30.000,00

29.000,00

90.000,00

25_IN606D_2021_2612348

G36997229

Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (GRADIANT)

***8992**

Martín González Soto

2016 .4

06.A2.561A.480.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Non

06.A2.561A.781.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

12_IN606D_2021_2606987

G36606291

Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste - Centro Tecnolóxico AIMEN

***2348**

Miguel Picos Maiztegui

2016 .4

06.A2.561A.480.0

1.000,00

25.000,00

29.000,00

24.000,00

79.000,00

Non

06.A2.561A.781.0

0,00

5.000,00

5.000,00

5.000,00

15.000,00

Total

1.000,00

30.000,00

34.000,00

29.000,00

94.000,00

Universidades do SUG

Universidades

Nº de axudas

Aplicación orzamentaria

Crédito (en euros)

2022

2023

2024

Total

UDC

3

10.20.561B.744.0

30.000,00 €

30.000,00 €

30.000,00 €

90.000,00 €

USC

8

80.000,00 €

80.000,00 €

80.000,00 €

240.000,00 €

UVIGO

4

40.000,00 €

40.000,00 €

40.000,00 €

120.000,00 €

Total

15

150.000,00 €

150.000,00 €

150.000,00 €

450.000,00 €

ANEXO II

Lista de agarda

Empresas

Nº expediente

NIF da entidade beneficiaria

Entidade beneficiaria

Universidade

NIF persoa investigadora dotorada candidata

Persoa investigadora doutorada

Comunitaria

Zona estancia

Rama de coñecemento

Puntuacións desagregadas

Puntuación total

a)

b)

c)

d)

e)

f)

g)

15_IN606D_2021_2608284

B70557087

Icoda Innovación, S.L.

Universidade de Santiago de Compostela

***0908**

Lucía Úbeda Vigo

Si

2

Enxeñaría e Arquitectura

20,0000

15

0

16,5

14,0

0,00

5

70,5000

18_IN606D_2021_2609683

B94194834

Hifas Foresta, S.L.

Universidade de Vigo

***7761**

Sarah Bott Vázquez

Si

2

Ciencias

20,0000

0

10

17,8

15,0

2,50

5

70,3000

05_IN606D_2021_2598838

B32318354

Redegal, S.L.

Universidade da Coruña

***0636**

Miguel Ángel Vilar Rodríguez

Si

2

Enxeñaría

20,0000

15

3

14,5

10,0

2,50

5

70,0000

02_IN606D_2021_2596931

B70421797

I-Grape Laboratory, S.L.

Universidade de Santiago de Compostela

***4225**

Aly Jesús Castillo Zamora

Si

2

Química

19,2150

10

15

15,1

10,0

0,00

0

69,3150

07_IN606D_2021_2601477

B70466537

Nerxus Quality Solutions, S.L.

Universidade da Coruña

***0701**

Enrique Fernández Pérez

Si

3

Enxeñaría e Arquitectura

20,0000

15

0

14,8

12,0

0,00

5

66,8000

08_IN606D_2021_2601525

B27869270

Maremal Agencia Consultoría Innovación, S.L.L.

Universidade de Santiago de Compostela

***9709**

Juan José Gil Fernández

Si

2

Ciencias Sociais e Xurídicas

20,0000

15

0

16,5

10,0

5,00

0

66,5000

28_IN606D_2021_2613134

B94175106

Oden Desarrollo de Sistemas y Aplicaciones Informáticas, S.L.

Universidade da Coruña

***6945**

Arturo Silvelo Pallín

Si

2

Enxeñaría e Arquitectura

20,0000

10

9

14,0

10,0

0,00

0

63,0000

30_IN606D_2021_2613697

B94187028

Nebodad Farms, S.L.

Universidade de Vigo

***3064**

Samuel López Novoa

Si

2

Biotecnoloxía

20,0000

0

0

18,0

15,0

5,00

5

63,0000

29_IN606D_2021_2613313

B94046455

Star Electrónica, S.L.

Universidad de Vigo

***8005**

Marta Gómez Fernández

Si

2

Enxeñaría e Arquitectura

20,0000

0

6

16,6

12,0

2,50

5

62,1000

26_IN606D_2021_2612842

B15909328

Queixería Barral, S.L.

Universidade de Santiago de Compostela

***2233**

María Flórez Mora

Si

2

Ciencias da Saúde

20,0000

0

0

17,3

12,0

2,50

5

56,8000

01_IN606D_2021_2595760

B27476498

3edata Ingeniería Ambiental, S.L.

Universidade de Santiago de Compostela

***3711**

Diego Pérez Jardón

Si

2

Enxeñaría e Arquitectura

19,5576

0

14

10,6

9,0

2,50

0

55,6576

27_IN606D_2021_2613045

B70531595

Alfonso Botana, S.L.

Universidade de Santiago de Compostela

***0603**

Adrián Lorenzo Castiñeiras

Si

Non se indica

Enxeñaría

18,9078

10

0

7,5

0,6

0,00

5

42,0078

24_IN606D_2021_2612292

B27015304

Álvaro Rodríguez Eiras, S.L.U.

Universidade de Santiago de Compostela

***8954**

Subhi Subhi Ahmad Mahmoud Salman

Non

3

Agricultura

20,0000

15

0

3,5

3,5

0,00

0

42,0000

Centros de innovación e tecnoloxía

Nº expediente

NIF da entidade

Entidade

Universidad

NIF persoa investigadora doutorada candidata

Persoa investigadora doutorada

Comunitaria

Zona estancia

Rama de coñecemento

Puntuaciós desagregadas

Puntuación total

a)

b)

c)

d)

e)

f)

g)

10_IN606D_2021_2602824

G27719913

Fundación Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética (EnergyLab)

Universidade de Vigo

***1290**

David Gutiérrez Rial

Si

2

Xestión Sustentable e Calidade da Auga

20,0000

10

9

18,7

14,0

0,00

0

71,7000

13_IN606D_2021_2607059

G15305923

Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG)

Universidade da Coruña

***1767**

Ángel Niebla Montero

Si

2

Enxeñaría

20,0000

15

15

11,0

10,0

0,00

0

71,0000