Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 65243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 24 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cariño (expediente-e IN407A 2020/113-1).

Expediente-e: IN407A 2020/113-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: modificado 1 do proxecto de adecuación da LMT MEA816 e do CT Feás.

Concello: Cariño.

1. Características técnicas:

• Treito de liña eléctrica de media tensión aérea MEA816 (actuación número 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 65 metros, coa orixe no apoio número 32 existente da LMT MEA816, condutor tipo LA-110 mm2 Al e remate no apoio número 33 proxectado da LMT MEA816.

• Treito de liña eléctrica de media tensión aérea MEA816 (actuación número 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 90 m, coa orixe no apoio número 39 proxectado da LMT MEA816, condutor tipo LA-110 mm2 Al e remate no apoio número 40 existente da LMT MEA816.

• Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 1.078 m, coa orixe final no apoio número 33 proxectado da LMT MEA816, condutor tipo RHZ1 2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate no apoio número 39 proxectado da LMT MEA816, logo de entrar e sair no CT Feás proxectado.

• Centro de transformación prefabricado manobra exterior con envolvente de formigón 2L+1P, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

• Desmantelamento do CT Feás existente e dos treitos de LMTA que aparecen como a desmontar no proxecto.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 24 de novembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e.: IN407A 2020/113-1

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: modificado 1 do proxecto de adecuación da LMT MEA816 e do CT Feás.

Concello: Cariño.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Paraxe: Esteiro de Arriba.

Cultivo: urbano.

Propietario: Cesáreo Alvelo Rico.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: centro de transformación.

• m2: 23,91.