Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 65051

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social de la Xunta de Galicia (código de procedemento BS623D).

Con data do 22 de setembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 183, a Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia (código de procedemento BS623D).

O financiamento da convocatoria atópase distribuído nas correspondentes aplicacións orzamentarias de cada centro directivo, de acordo co seguinte detalle:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe

Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica

13.02.312B.481.1

974.693,00 €

Liña II. Actuacións de inclusión social

13.03.313C.481.6

3.946.165,00 €

Liña III. Actuacións de promoción da autonomía

13.04.312E.481.1

4.934.661,00 €

Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros

13.04.312E.781.1

1.131.872,00 €

Liña V. Actuacións destinadas á xuventude

13.05.313A.481.0

305.021,00 €

Liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado

13.05.312F.481.0

280.047,00 €

 

Total

11.572.459,00 €

No seu artigo 2.2, segundo o disposto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, está prevista a ampliación excepcional dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación ou existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Debido a que o crédito previsto na citada orde non resulta suficiente para atender todas as solicitudes cuxo obxecto é susceptible de subvención, e dado que existe crédito dispoñible nas aplicacións orzamentarias con cargo ás cales se financia a convocatoria e se cumpren os requisitos establecidos nos citados artigos, considérase oportuno incrementalo co obxecto de repartir entre as entidades de iniciativa social que concorran á convocatoria de axudas a totalidade dos fondos recadados para este fin.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 9 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia (código de procedemento BS623D).

O importe total do citado incremento é de sete millóns oitocentos corenta mil novecentos oitenta e cinco euros con catro céntimos (7.840.985,04 €), consignado nas aplicacións orzamentarias seguintes en función das liñas de actuación subvencionables relacionadas no artigo 5 da Orde do 9 de setembro de 2021:

Liñas de actuación

Aplicación

Importe

Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica

13.02.312B.481.1

642.780,96 €

Liña II. Actuacións de inclusión social

13.03.313C.481.6

2.605.058,84 €

Liña III. Actuacións de promoción da autonomía

13.04.312E.481.1

2.082.106,90 €

Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros

13.04.312E.781.1

2.121.888,20 €

Liña V. Actuacións destinadas á xuventude

13.05.313A.481.0

191.075,00 €

Liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado

13.05.312F.481.0

198.075,14 €

Total

7.840.985,04 €

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social