Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Xoves, 30 de decembro de 2021 Páx. 65123

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2021 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación para o ano 2022 (códigos de procedemento VI408H e VI408N).

O artigo 91 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, establece que o Instituto Galego da Vivenda e Solo desenvolverá políticas de rehabilitación e renovación do parque de vivendas de Galicia atendendo a criterios de accesibilidade, sustentabilidade, aforro enerxético, mellora da calidade e conservación dos elementos singulares das construcións existentes. O artigo 94 da citada lei establece que os programas de rehabilitación poderán dispoñer para a súa execución de medidas específicas de fomento, de axudas ao financiamento, de préstamos subsidiados, de anticipos, de incentivos fiscais e de calquera outro instrumento, nos termos que se establezan nas correspondentes normas de desenvolvemento.

Neste contexto, o Instituto Galego da Vivenda e Solo puxo en marcha un conxunto de medidas encamiñadas a fomentar a rehabilitación de edificios e vivendas, algunhas delas previstas no Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021 (Boletín Oficial del Estado núm. 61, do 9 de marzo), e outras de carácter exclusivamente autonómico. Entre as primeiras medidas destacan as subvencións dos programas de fomento de mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas, dirixidas á rehabilitación de vivendas e edificios de tipoloxía residencial colectiva, situados tanto en ámbitos urbanos como rurais.

O Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, prevé un Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural, que en Galicia se xestiona a través da figura das áreas de rehabilitación integral. Concretamente, no marco deste programa pódense financiar as actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas que se realicen no ámbito das áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra.

A variedade das axudas destinadas a actuacións de rehabilitación xestionadas por este organismo aconsella efectuar nun único texto unha convocatoria conxunta deste tipo de subvencións para facilitar, deste xeito, o seu coñecemento polos seus potenciais destinatarios.

Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade 2022 as subvencións do Programa para o fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes ás áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas, así como da Ribeira Sacra. Por razóns orzamentarias, exclúense das súas persoas beneficiarias nesta convocatoria, respecto da área de rehabilitación integral do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, as administracións públicas e as entidades de natureza pública e privada, con competencias neste ámbito.

A tramitación desta convocatoria axústase á Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada dos expedientes de axudas e subvencións no exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos que se vaian imputar os correspondentes gastos. Con este fin, no Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 habilítanse os créditos para o financiamento destas axudas.

De conformidade con todo o anterior, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego da Vivenda e Solo,

RESOLVO:

I. Disposicións xerais

Primeiro. Obxecto e réxime das axudas

1. Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2022 as subvencións dos seguintes programas para actuacións de rehabilitación:

a) Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes ás áreas de rehabilitación integral (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas, que se tramitará co código de procedemento VI408H.

b) Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes á ARI da Ribeira Sacra, que se tramitará co código de procedemento VI408N.

2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Bases reguladoras

As bases reguladoras das subvencións obxecto desta convocatoria están recollidas nas seguintes disposicións:

1. Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (DOG núm. 124, do 2 de xullo).

2. Resolución do 22 de xuño de 2020 pola que se regula o procedemento para participar no Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021 e se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes á ARI da Ribeira Sacra (DOG núm. 130, do 2 de xullo).

Terceiro. Crédito orzamentario

1. As subvencións obxecto desta convocatoria faranse efectivas con cargo ás aplicacións dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia que se especifican nesta resolución.

2. As contías establecidas nestas convocatorias poderán ser obxecto de ampliación por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), e terá efecto logo da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. No suposto de existir remanente nalgunha das convocatorias incluídas nesta resolución, poderase utilizar para financiar solicitudes das doutras convocatorias, de acordo co previsto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Cuarto. Forma e lugar de presentación de solicitudes e documentación complementaria

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e que se incorporan como anexo a esta resolución. Deberán dirixirse ao órgano que se especifique para cada tipo de subvención.

2. A presentación electrónica será obrigatoria para as comunidades de persoas propietarias, as agrupacións de comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de persoas propietarias nos procedementos VI408H e VI408N.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas e entidades interesadas obrigadas á presentación electrónica presentase a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. No formulario de solicitude, a persoa ou entidade interesada realizará as seguintes declaracións:

a) Declaración de que non solicitou nin obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e o seu importe.

b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que sexa solicitada ou obtida pola persoa ou entidade solicitante para a mesma finalidade.

c) Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

d) Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Declaración responsable de que non está incursa nas causas de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

f) No suposto de subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021 correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (código de procedemento VI408H), así como da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N), declaración responsable de que nin á persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia se lle teña revogada ou fose obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior, por causa imputable a algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia.

g) Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nas bases reguladoras e na convocatoria da axuda que solicita.

h) Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son correctos.

6. As solicitudes de subvención deberán ir acompañadas da documentación complementaria especificada nesta resolución, en función do tipo de axuda solicitada.

7. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa ou entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa ou entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa ou entidade interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderalle solicitarse novamente á persoa ou entidade interesada a súa achega.

8. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Os suxeitos obrigados á presentación electrónica da súa solicitude deberán presentar do mesmo xeito a documentación complementaria. Se algunha destas persoas ou entidades presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. As persoas ou entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

9. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

10. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Quinto. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Sexto. Órganos competentes

1. A instrución do procedemento é competencia da Área Provincial do IGVS onde estea situado o edificio ou a vivenda en que se realicen as actuacións.

2. Correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS resolver sobre a concesión das axudas solicitadas.

Sétimo. Procedemento

1. Sen prexuízo das especialidades establecidas para cada programa de axudas, os procedementos de concesión iniciaranse de oficio, en réxime de concorrencia non competitiva, mediante a publicación da presente resolución.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se a solicitude presentada non reunise algún dos requisitos exixidos neste ordinal e/ou non fose acompañada da documentación relacionada neste ordinal, requirirase a persoa solicitante para que no prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Sen prexuízo do disposto no número anterior, a persoa ou a entidade solicitante poderá ser requirida para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitar e resolver o procedemento.

4. O órgano instrutor, logo da comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos, elevará a proposta de resolución de concesión de cada expediente á persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

5. A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, á vista da proposta efectuada e tendo en conta a dispoñibilidade orzamentaria, resolverá o que en dereito proceda.

Oitavo. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas e entidades interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos, deberán optar no formulario, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorran dez días naturais desde a posta á disposición da notificación, sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Noveno. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrarlles á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que estean vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Décimo. Recursos contra esta resolución

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia do IGVS no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Décimo primeiro. Eficacia

Esta resolución producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

II. Convocatoria das subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (código de procedemento VI408H)

Décimo segundo. Convocatoria das subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondentes ás ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (código de procedemento VI408H)

Un. Obxecto

1. Estas subvencións están dirixidas a financiar, no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, actuacións de rehabilitación ou renovación de edificios e vivendas situadas nos ámbitos das ARI dos Camiños de Santiago e do Parque Nacional das Illas Atlánticas (código de procedemento VI408H).

2. As actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.

Dous. Crédito orzamentario

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451.A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, para a anualidade 2022, coa seguinte distribución:

ARI Camiños de Santiago

Proxecto 201800007 FFE

564.317,72 €

Proxecto 20180003 FCA

161.405,47 €

ARI Illas Atlánticas

Proxecto 20180007-FFE

24.000,00 €

Proxecto 201800003-FCA

8.000,00 €

Tres. Actuacións subvencionables

1. De conformidade co ordinal noveno da Resolución do 20 de xuño de 2019, que establecen as bases reguladoras deste programa, serán subvencionables as actuacións que, contando con cualificación definitiva, tivesen por obxecto as obras seguintes:

a) As previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa do fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética nos termos establecido no citado artigo.

b) As previstas no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.

c) A execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.

d) As obras de demolición de edificios e de vivendas e as obras de construción de edificios de vivendas e vivendas de nova construción, en substitución doutros previamente demolidos. Os novos edificios e vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B e cumprir, en todo caso, coas exixencias do Código técnico da edificación.

2. As actuacións deberán estar entre as comprendidas no catálogo de actuacións que figura como anexo II na citada Resolución do 20 de xuño de 2019.

Catro. Persoas e entidades beneficiarias

1. No ámbito da ARI dos Camiños de Santiago poderán ser persoas e entidades beneficiarias das subvencións desta convocatoria:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo.

b) As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.

c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

2. No ámbito da ARI do Parque Nacional das Illas Atlánticas, ademais das recollidas no punto anterior, tamén poderán ser persoas beneficiarias das subvencións nesta convocatoria:

– As persoas físicas con algún dereito real sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.

– As persoas titulares dunha concesión sobre un edificio ou vivenda situada neste ámbito.

3. Para ser beneficiarias destas subvencións, as persoas e entidades sinaladas nos números anteriores deberán estar en posesión da correspondente cualificación definitiva da actuación outorgada polo IGVS.

4. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou, no suposto das persoas estranxeiras, ter a residencia legal en España.

5. Non poderán obter a condición de persoas e entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro; no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.

6. No caso de que a solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán ser cumpridos por todos os seus membros.

7. Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. As persoas beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que tanto o importe dela como o custo das obras deba repercutirse nas persoas propietarias e, de ser o caso, nos locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.

Cinco. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentar as solicitudes desta convocatoria comezará o 1 de febreiro de 2022 e rematará o día 30 de setembro de 2022 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, e será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Seis. Solicitudes e documentación complementaria

1. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo I a esta resolución (código de procedemento VI408H). Deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou edificio obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación.

2. Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos

b) Anexo II (código de procedemento VI408H), de certificado da persoa que exerza as funcións de secretaría da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou de quen representa a agrupación de persoas propietarias, no cal se recolla tanto o acordo de solicitar a subvención do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural das ARI dos Camiños de Santiago ou do Parque Nacional das Illas Atlánticas, como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade de persoas propietarias, á agrupación de comunidades de persoas propietarias ou a agrupación de persoas propietarias.

c) Anexo III (código de procedemento VI408H), debidamente cuberto, no cal se relacionen as persoas propietarias das vivendas e locais do edificio, partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención. Neste anexo cubriranse, de ser o caso, as declaracións de non estar incursas en ningunha das circunstancias do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

d) Anexo IV (código de procedemento VI408H), de declaración responsable e comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia da persoa solicitante, no caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

e) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas cales concorra a dita circunstancia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.

f) No caso de edificios ou vivendas declarados BIC, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.

Sete. Comprobación de datos

1. Para a tramitar deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso, así como das persoas propietarias dunha vivenda ou local do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención, de ser o caso.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa física representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificados acreditativos do cumprimento de obrigas tributarias coa AEAT, de obrigas coa Seguridade Social e/ou coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, así como da entidade solicitante e, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

f) Certificación catastral de titularidade correspondentes á persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

g) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas en que se van levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso pola persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

2. No caso de actuacións realizadas en vivendas unifamiliares ou de actuacións en interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva consultaranse, ademais, os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira, de ser o caso.

b) Certificado da renda sobre as persoas físicas (IRPF) e nivel de renda da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

c) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do INSS, da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

d) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

e) Importes das prestacións de desemprego percibidos pola persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

f) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas cales concorra a dita circunstancia e fagan constar na solicitude que lle é de aplicación. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberá achegarse a correspondente documentación.

g) Certificado de empadroamento da persoa propietaria promotora da actuación, para os efectos do cálculo da porcentaxe máxima do 75 % do custo subvencionable da actuación, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I, III e IV (código de procedemento VI408H) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas que presentan os documentos correspondentes.

Oito. Resolución e recursos

1. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución de concesión será de dous meses, contados desde a data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo sen se ditar e notificar a resolución expresa, a persoa ou entidade solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

2. A resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é susceptible de recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Nove. Xustificación e pagamento da subvención

1. A resolución da cualificación definitiva da actuación de rehabilitación ou renovación terá a consideración de memoria de actuación e memoria económica para os efectos do previsto no artigo 48 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como de comprobación material da investimento para os efectos previstos no artigo 30, números 2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. O pagamento realizarase por transferencia bancaria na conta sinalada para os efectos pola persoa ou entidade beneficiaria.

Dez. Obrigas das persoas ou entidades beneficiarias

As persoas e/ou entidades beneficiarias terán as obrigas recollidas no ordinal trixésimo terceiro da Resolución do 20 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras deste programa.

III. Convocatoria das subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondente á ARI da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N)

Décimo terceiro. Convocatoria das subvencións do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, correspondente á ARI da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N)

Un. Obxecto

1. Estas subvencións están dirixidas a financiar, no marco do Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural do Plan 2018-2021, actuacións de rehabilitación e renovación de edificios e vivendas situados no ámbito da ARI da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408N).

2. As actuacións obxecto de financiamento deberán contar coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.

Dous. Crédito orzamentario

As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas, na anualidade 2022, con cargo á aplicación orzamentaria 08.81.451.A.780.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, coa seguinte distribución:

Arida Ribeira Sacra

Proxecto 2018 00007 FFE

473.134,86 €

Proxecto 2018 0003 FCA

95.000,00 €

Tres. Actuacións subvencionables

1. De conformidade co ordinal décimo primeiro da Resolución do 22 de xuño de 2020, que establece as bases reguladoras deste programa, serán subvencionables as actuacións que, contando con cualificación definitiva, tivesen por obxecto as obras seguintes:

a) As previstas no artigo 36 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas, con redución da demanda enerxética nos termos establecidos no citado artigo.

b) As previstas no artigo 43 do Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, para o fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas.

c) A execución de obras e/ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos aos estándares previstos pola normativa vixente.

d) As obras de demolición de edificios e de vivendas e as obras de construción de edificios de vivendas e vivendas de nova construción, en substitución doutros previamente demolidos. Os novos edificios e vivendas deberán ter unha cualificación enerxética mínima B e cumprir, en todo caso, coas exixencias do Código técnico da edificación.

2. As actuacións deberán estar entre as comprendidas no catálogo de actuacións que figura como anexo II da citada Resolución do 22 de xuño de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras deste programa.

Catro. Persoas e entidades beneficiarias

1. Poderán ser persoas e entidades beneficiarias das axudas desta convocatoria:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias, constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

b) As agrupacións de persoas propietarias, ás cales lles será de aplicación o previsto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xullo.

c) As persoas físicas propietarias de edificios ou vivendas.

2. Para ser beneficiarias destas subvencións, as persoas e entidades sinaladas nos puntos anteriores deberán estar en posesión da correspondente cualificación definitiva da actuación outorgada polo IGVS.

3. Para que as persoas físicas sexan beneficiarias deberán posuír a nacionalidade española ou, no suposto das persoas estranxeiras, ter a residencia legal en España.

4. Non poderán obter a condición de persoas ou entidades beneficiarias aquelas que estean incursas nalgunha das causas previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, ou a quen se lle revogase algunha das axudas contidas neste ou en anteriores plans de vivenda por causas imputables á persoa ou á entidade solicitante.

5. No caso de que a solicitante sexa unha comunidade ou agrupación de comunidades de persoas propietarias ou agrupación de persoas propietarias, os requisitos sinalados nos números anteriores deberán cumprilos por todos os seus membros.

6. Cando a execución da actuación corresponda a varias persoas beneficiarias, a axuda distribuirase en proporción ao custo asumido por cada unha delas. As persoas beneficiarias destinarán o importe íntegro da axuda ao pagamento das correspondentes actuacións. Cando se trate de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias, esta regra resultará igualmente de aplicación, con independencia de que, tanto o importe dela como o custo das obras deba repercutirse nas persoas propietarias e, de ser o caso, nos locais comerciais ou predios doutros usos compatibles, de conformidade coas regras previstas na lexislación de propiedade horizontal.

Cinco. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as de solicitudes comezará o día 1 de febreiro de 2022 e rematará o día 30 de setembro de 2022 e, en todo caso, no momento de esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

Seis. Solicitudes e documentación complementaria

1. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo V a esta resolución (código de procedemento VI408N). Deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou edificio obxecto da actuación de rehabilitación ou renovación.

2. Coa solicitude deberá achegar a seguinte documentación:

a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos.

b) Anexo VI (código de procedemento VI408N), de certificado da persoa que exerza as funcións de secretaría da comunidade de persoas propietarias, da agrupación de comunidades de persoas propietarias ou de quen representa a agrupación de persoas propietarias, no cal se recolla tanto o acordo de solicitar a subvención do Programa de rexeneración e renovación urbana e rural da ARI da Ribeira Sacra como o nomeamento da persoa que represente na tramitación do expediente a comunidade de persoas propietarias, a agrupación de comunidades de persoas propietarias ou a agrupación de persoas propietarias.

c) Anexo VII (código de procedemento VI408N), debidamente cuberto, en que se relacionen as persoas propietarias das vivendas e locais do edificio, partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención.

d) Anexo VIII (código de procedemento VI408N), de declaración responsable e comprobación de datos das persoas que integran a unidade de convivencia da persoa solicitante, no caso de actuacións en vivendas unifamiliares ou actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva.

e) Certificado acreditativo da discapacidade da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia en que concorra a dita circunstancia, no suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia.

f) No caso de edificios ou vivendas declarados BIC, catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, documentación xustificativa destas circunstancias.

Sete. Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, de ser o caso, así como das persoas propietarias dunha vivenda ou local do edificio partícipes nas actuacións de rehabilitación ou renovación e interesadas na subvención, de ser o caso.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa física representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificados acreditativos do cumprimento de obrigas tributarias coa AEAT, de obrigas coa Seguridade Social e/ou coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, así como da entidade solicitante e, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

f) Certificación catastral de titularidade correspondentes á persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

g) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais da vivenda ou vivendas en que se van a levar a cabo as actuacións, que acredite o seu uso pola persoa ou entidade solicitante ou, de ser o caso, das persoas que sexan membros de comunidades ou agrupacións de comunidades de persoas propietarias ou agrupacións de persoas propietarias.

2. No caso de actuacións realizadas en vivendas unifamiliares ou de actuacións no interior de vivendas situadas en edificios de tipoloxía residencial colectiva, consultaranse ademais os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Permiso de residencia legal da persoa solicitante, cando sexa estranxeira, de ser o caso.

b) Certificado da renda sobre as persoas físicas (IRPF) e nivel de renda da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

c) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, incapacidade temporal e maternidade do INSS, da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

d) Certificado das percepcións da renda de integración social de Galicia da persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

e) Importes das prestacións de desemprego percibidos pola persoa solicitante, así como das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia.

f) Certificado acreditativo da discapacidade, para o suposto de que o documento deba ser expedido pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante ou, de ser o caso, das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia nas cales concorra a dita circunstancia e fagan constar na solicitude que lle é de aplicación. No suposto de tratarse dun documento non expedido pola Xunta de Galicia, deberá achegarse a correspondente documentación.

g) Certificado de empadroamento da persoa propietaria promotora da actuación, para os efectos do cálculo da porcentaxe máxima do 75 % do custo subvencionable da actuación, así como das persoas que compoñen a unidade de convivencia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos V, VII e VIII (código de procedemento VI408N) e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Oito. Resolución e recursos

1. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución de concesión será de dous meses, contados desde a data de presentación da solicitude. Transcorrido este prazo establecido sen se ditar e notificar a resolución expresa, a persoa ou entidade solicitante poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

2. A resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é susceptible de recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia do IGVS, nun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Nove. Xustificación e pagamento da subvención

1. A resolución da cualificación definitiva da actuación de rehabilitación ou renovación e, de ser o caso, de mellora da calidade e sustentabilidade do medio urbano terá a consideración de memoria de actuación e memoria económica para os efectos do previsto no artigo 48 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como de comprobación material do investimento para os efectos previstos no artigo 30, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. O pagamento realizarase por transferencia bancaria na conta sinalada para os efectos pola persoa ou entidade beneficiaria.

Dez. Obrigas das persoas e das entidades beneficiarias

As persoas e as entidades beneficiarias terán as obrigas recollidas no ordinal trixésimo cuarto das bases reguladoras deste programa.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda de Solo

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file