Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 64377

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sober

ANUNCIO de notificación da comunicación e requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e téndose intentado a notificación á persoa responsable, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Sober, polo presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento pola persoa responsable que a seguir se indica da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data acta

inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

12.4.2021

27059A02300359

Doade (San Martiño), Sober, Lugo

023

00359

34237164P

18.3.2021

27059A02900216

Doade (San Martiño), Sober, Lugo

029

00216

34233931H

18.3.2021

27059A03000522

Doade (San Martiño), Sober, Lugo

030

00522

34252543T

18.3.2021

27059A03100014

Doade (San Martiño), Sober, Lugo

031

00014

34123362X

18.3.2021

27059A03100102

Doade (San Martiño), Sober, Lugo

031

00102

34252543T

24.3.2021

27059A06800153

Anllo (Santo Estevo), Sober, Lugo

068

00153

33680039N

24.3.2021

27059A06900560

Anllo (Santo Estevo), Sober, Lugo

069

00560

34141657C

25.3.2021

27059A07500020

Anllo (Santo Estevo), Sober, Lugo

075

00020

76616201G

23.3.2021

27059A09200056

Doade (San Martiño), Sober, Lugo

092

00056

34245292V

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección indicada comprobouse que na referida parcela incúmprese o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese na cantidade estimada reflectida na seguinte táboa:

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2021/27059A02300359

27059A02300359

0,0491

2.056,00 €

101,00 €

2021/27059A02900216

27059A02900216

0,0748

3.953,15 €

295,84 €

2021/27059A03000522

27059A03000522

0,1587

3.953,15 €

627,44 €

2021/27059A03100014

27059A03100014

0,0142

2.056,00 €

29,25 €

2021/27059A03100102

27059A03100102

0,0075

3.953,15 €

29,48 €

2021/27059A06800153

27059A06800153

0,0935

3.953,15 €

369,47 €

2021/27059A06900560

27059A06900560

0,0228

3.953,15 €

89,98 €

2021/27059A07500020

27059A07500020

0,0307

2.056,00 €

63,03 €

2021/27059A09200056

27059A09200056

0,0294

3.953,15 €

116,20 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello actuante.

Sober, 16 de novembro de 2021

Luis Fernández Guitián
Alcalde