Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Martes, 28 de decembro de 2021 Páx. 64256

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021 pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Máquinas Navais.

O grao en Máquinas Navais obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. O carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) estableceuse polo Acordo do Consello de Ministros do 24 de agosto de 2021, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 30 de agosto de 2021 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 13 de setembro.

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de graduado ou graduada en Máquinas Navais pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 2 de decembro de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de graduado ou graduada
en Máquinas Navais pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 2504291.

Plan de estudos que se inicia no curso 2021/22.

Este título é necesario, xunto co cumprimento doutros requisitos, para obter os títulos profesionais de oficial de máquinas de segunda da mariña mercante, na mención en enerxía e propulsión, e de oficial electrotécnico da mariña mercante, na mención en oficial electrotécnico, de acordo co disposto no Real decreto 973/2009, do 12 de xuño, polo que se regulan as titulacións profesionais da mariña mercante (BOE do 2 de xullo), modificado polo Real decreto 80/2014, do 7 de febreiro (BOE do 21 de febreiro), e o Real decreto 938/2014, do 7 de novembro (BOE do 8 de novembro).

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de disciplina:

Tipo de disciplina

Créditos ECTS

Formación básica (FB)…….…………

Obrigatorias (OB)……..….…..….…...

Optativas (OP)…..…….……..…….…

Traballo fin de grao (TFG)..…………

Total…………...……………….………

60

60

108

12

240

Os 108 créditos optativos distribúense como se indica a seguir:

Disciplinas de obrigado cumprimento de mención (OBM): 99 créditos.

Disciplinas optativas de mención (OPM): 9 créditos.

3. Mencións do título:

– Mención en enerxía e propulsión.

– Mención en oficial electrotécnico (ETO).

4. Contido do plan de estudos.

4.1. Créditos de formación básica: distribución por materias e ramas de coñecemento.

Rama de coñecemento

Materia básica

Disciplina

Créditos ECTS

Curso

Ciencias sociais e xurídicas

Empresa

Empresa e dereito marítimo

6

Dereito

Enxeñaría e arquitectura

Física

Física I

6

Física II

6

Informática

Informática

6

Química

Química

6

Expresión gráfica

Expresión gráfica

6

Matemáticas

Matemáticas I

6

Matemáticas II

6

Métodos numéricos e estatísticos

6

Artes e humanidades

Idioma moderno

Inglés técnico marítimo

6

4.2. Contido do plan de estudos por módulo.

Módulo

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Curso

Formación básica

Matemáticas I

FB

6

Química

FB

6

Física I

FB

6

Informática

FB

6

Empresa e dereito marítimo

FB

6

Matemáticas II

FB

6

Expresión gráfica

FB

6

Física II

FB

6

Métodos numéricos e estatísticos

FB

6

Inglés técnico marítimo

FB

6

Formación obrigatoria marítima común e específica en máquinas navais

Ciencia e enxeñaría de materiais

OB

6

Formación sanitaria e marítima

OB

6

Mecánica e resistencia de materiais

OB

6

Termodinámica e termotecnia

OB

6

Electrotecnia e máquinas eléctricas do buque

OB

6

Electrónica e sistemas de control

OB

6

Mecánica de fluídos

OB

6

Construción naval e estabilidade do buque

OB

6

Seguridade marítima e contaminación

OB

6

Buques tanque e de pasaxe

OB

6

Módulo optativo. Mención en enerxía e propulsión

Turbinas de vapor e gas

OBM

6

Transferencia de calor e xeradores de vapor

OBM

6

Equipos auxiliares do buque

OBM

6

Técnicas de frío aplicadas ao buque

OBM

6

Sistemas hidráulicos e pneumáticos

OBM

6

Xestión do mantemento do buque

OBM

6

Sistemas auxiliares do buque

OBM

6

Motores de combustión interna

OBM

9

Tecnoloxía mecánica e mecanismos

OBM

9

Oficina técnica e inspeccións do buque

OBM

6

Eficiencia enerxética do buque

OBM

6

Sistemas eléctricos do buque

OBM

6

Automatización de instalacións do buque

OBM

6

Operación de sistemas do buque con simulador

OBM

6

Prácticas externas en buque

OBM

9

Propulsión e resistencia ao avance

OPM

4,5

Instrumentación e sensórica

OPM

4,5

Debuxo mecánico

OPM

4,5

Combustibles e lubricantes

OPM

4,5

Módulo optativo. Mención en oficial electrotécnico (ETO)

Máquinas térmicas mariñas

OBM

6

Electrónica analóxica

OBM

6

Electrónica dixital

OBM

6

Máquinas eléctricas do buque

OBM

6

Servizos auxiliares do buque

OBM

6

Electrónica de potencia

OBM

6

Alta tensión e distribución eléctrica do buque

OBM

6

Mantemento eléctrico do buque e instrumentación

OBM

9

Automatismos e sistemas de control

OBM

9

Proxectos e inspeccións do buque

OBM

6

Sistemas electrónicos de comunicacións e axuda á navegación

OBM

6

Propulsión eléctrica do buque

OBM

6

Redes e comunicacións

OBM

6

Prácticas en simulador

OBM

6

Prácticas externas ETO

OBM

9

Xestión enerxética

OPM

4,5

Electrohidráulica e electropneumática

OPM

4,5

Fundamentos de programación

OPM

4,5

Sistemas electrónicos de adquisición de datos

OPM

4,5

Traballo fin de grao

Traballo fin de grao. Enerxía e propulsión

TFG

12

Traballo fin de grao. Oficial electrotécnico (ETO)

TFG

12

4.3. Contido do plan de estudos por curso académico.

Primeiro curso.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Matemáticas I

FB

6

Química

FB

6

Física I

FB

6

Informática

FB

6

Empresa e dereito marítimo

FB

6

Matemáticas II

FB

6

Expresión gráfica

FB

6

Física II

FB

6

Ciencia e enxeñaría de materiais

OB

6

Formación sanitaria e marítima

OB

6

Segundo curso.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Métodos numéricos e estatísticos

FB

6

Inglés técnico marítimo

FB

6

Mecánica e resistencia de materiais

OB

6

Termodinámica e termotecnia

OB

6

Electrotecnia e máquinas eléctricas do buque

OB

6

Electrónica e sistemas de control

OB

6

Mecánica de fluídos

OB

6

Construción naval e estabilidade do buque

OB

6

Seguridade marítima e contaminación

OB

6

Buques tanque e de pasaxe

OB

6

Terceiro curso. Mención en enerxía e propulsión.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Turbinas de vapor e gas

OBM

6

Transferencia de calor e xeradores de vapor

OBM

6

Equipos auxiliares do buque

OBM

6

Técnicas de frío aplicadas ao buque

OBM

6

Sistemas hidráulicos e pneumáticos

OBM

6

Xestión do mantemento do buque

OBM

6

Sistemas auxiliares do buque

OBM

6

Motores de combustión interna

OBM

9

Tecnoloxía mecánica e mecanismos

OBM

9

Terceiro curso. Mención en oficial electrotécnico (ETO).

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Máquinas térmicas mariñas

OBM

6

Electrónica analóxica

OBM

6

Electrónica dixital

OBM

6

Máquinas eléctricas do buque

OBM

6

Servizos auxiliares do buque

OBM

6

Electrónica de potencia

OBM

6

Alta tensión e distribución eléctrica do buque

OBM

6

Mantemento eléctrico do buque e instrumentación

OBM

9

Automatismos e sistemas de control

OBM

9

Cuarto curso. Mención en enerxía e propulsión.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Oficina técnica e inspeccións do buque

OBM

6

Eficiencia enerxética do buque

OBM

6

Sistemas eléctricos do buque

OBM

6

Automatización de instalacións do buque

OBM

6

Operación de sistemas do buque con simulador

OBM

6

Prácticas externas en buque

OBM

9

Propulsión e resistencia ao avance

OPM

4,5

Instrumentación e sensórica

OPM

4,5

Debuxo mecánico

OPM

4,5

Combustibles e lubricantes

OPM

4,5

Traballo fin de grao. Enerxía e propulsión

TFG

12

Cuarto curso. Mención en oficial electrotécnico (ETO).

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Proxectos e inspeccións do buque

OBM

6

Sistemas electrónicos de comunicacións e axuda á navegación

OBM

6

Propulsión eléctrica do buque

OBM

6

Redes e comunicacións

OBM

6

Prácticas en simulador

OBM

6

Prácticas externas ETO

OBM

9

Xestión enerxética

OPM

4,5

Electrohidráulica e electropneumática

OPM

4,5

Fundamentos de programación

OPM

4,5

Sistemas electrónicos de adquisición de datos

OPM

4,5

Traballo fin de grao. Oficial electrotécnico (ETO)

TFG

12

No 4º curso o alumnado debe elixir 2 disciplinas OPM das 4 ofertadas en cada mención.

A unidade temporal de todas as disciplinas é cuadrimestral, a excepción de «Motores de combustión interna», «Tecnoloxía mecánica e mecanismos», «Mantemento eléctrico do buque e instrumentación», «Automatismos e sistemas de control» e o «Traballo fin de grao» que son anuais.

5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 240 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, unha vez elixida unha mención, para obter o título de graduado ou graduada en Máquinas Navais pola Universidade da Coruña.