Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 27 de decembro de 2021 Páx. 64028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 13 de decembro de 2021 polo que se notifica o acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística COR/136/2021-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística resolveu, o día 15 de novembro de 2021, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras de cubrición da calella existente entre a unidade edificatoria 4104.01 sita na rúa da Caldereiría, nº 37 e a unidade edificatoria 4104.02 sita na praza da Universidade, nº 3, invadindo viario, no termo municipal de Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución ás persoas titulares do documento nacional de identidade 11804273-Y, 33170825-H e a Dolores Espasandín Bustelo, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que xulguen pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística