IV. Oposicións e concursos
Universidade de Vigo
CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de decembro de 2021 pola que se convoca un proceso selectivo para ingresar como persoal laboral fixo do grupo I na categoría de técnico/a superior de determinación estrutural e proteómica, polo sistema de promoción interna e de acceso libre.
Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 239, do 15 de decembro de 2021, cómpre efectuar a seguinte corrección na páxina 61462.
Onde di:
«2. Formación: ata un máximo de 5 puntos».
Debe dicir:
«2. Formación: ata un máximo de 10 puntos».