Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 24 de decembro de 2021 Páx. 63846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO do estudo de detalle para a reforma de vivenda unifamiliar na praza da Pastoriza 5.

O Concello de Vilanova de Arousa está tramitando o estudo de detalle solicitado para a reforma de vivenda unifamiliar na praza da Pastoriza 5, Vilanova de Arousa.

De conformidade co disposto nos artigos 80.2 da Lei 2/2016, do 16 de febreiro, do solo de Galicia, e 194.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei do solo, sométese o documento á información pública durante un prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra.

O expediente poderá ser consultado na Área de Urbanismo do concello, sita na casa do concello, 3ª planta (praza do Concello, núm. 1), de luns a venres, agás os festivos, das 9.00 ás 13.00 horas, e na sede electrónica do Concello de Vilanova de Arousa, na epígrafe Taboleiro de anuncios>Urbanismo.

Vilanova de Arousa, 2 de decembro de 2021

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde