Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 24 de decembro de 2021 Páx. 63843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2021/U040/000005).

Mediante a Resolución da Alcaldía nº 3354, do 13 de decembro de 2021, aprobouse inicialmente o proxecto de expropiación forzosa por taxación conxunta para a obtención dos bens e dereitos dos titulares non incorporados á Xunta de Compensación da área de repartición do sector SI-4 Calvo do Plan xeral de ordenación municipal de Carballo (PXOM), segundo o proxecto de expropiación presentado o 3 de decembro de 2021, número de rexistro de entrada 202199900005681, coa seguinte relación de predios de titulares afectados:

Predio

Ref. catastral

Titular

Afectada (m2)

Clasif. urbanística

Situación básica
do solo

Bens afectados

P3

15019A002000550000IX

Jesús Puente Rama

181,11

Solo rústico de especial protección de augas

Rural

Plantación eucaliptos

P4

15019A002001280000IW

Mª Carmen Suárez Barca

86,70

P5

15019A002000560000II

Estrella Veciño Ríos

29,43

P6

15019A002000570000IJ

Herdeiros Laureano Trigo Facal

14,78

Total

312,02

O que se somete a información pública polo prazo dun mes en cumprimento dos artigos 118.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 293.3 do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, requíreselles aos titulares dos bens e dereitos afectados que acheguen os títulos que os acrediten como propietarios deles. Advírteselles que este anuncio serve de notificación no caso de que estes sexan descoñecidos ou se descoñeza o seu enderezo, segundo o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderanse consultar na Oficina Técnica municipal, das 10.00 ás 13.00 horas, e na páxina web do Concello na seguinte ligazón, punto 7 Outros:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla

Carballo, 15 de decembro de 2021

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde