Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 24 de decembro de 2021 Páx. 63812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 13 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de repoboación forestal do monte veciñal en man común Serra do Leboreiro e Cabreira, nas parroquias da Fraga, Parada e San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira (Ourense) (expediente 2021/0155).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 13 de decembro de 2021, do proxecto de repoboación forestal do monte veciñal en man común Serra do Leboreiro e Cabreira, nas parroquias da Fraga, Parada e San Xes de Vilariño, no concello de Lobeira (Ourense), promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) Serra do Leboreiro e Cabreira.

Esta declaración poderase consultar na ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático