Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 24 de decembro de 2021 Páx. 63763

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 3 de novembro de 2021, de premios e axudas para a fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.

No Diario Oficial de Galicia núm. 130, do 9 de xullo de 2021, publícase a Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento BS310Q), o procedemento de concesión é en réxime de concorrencia competitiva.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.

O día 3 de novembro de 2021, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade co disposto no artigo 15.2, dita resolución no procedemento BS310Q, na especialidade de teatro do programa Xuventude Crea, convocado pola Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das axudas e relación definitiva dos premios.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e os artigos 15 e 19 da referida Orde do 29 de xuño de 2021, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: http://xuventude.xunta.es

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 3 de novembro de 2021, ditada no procedemento BS310Q, de concesión de premios e axudas para a fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea no ano 2021, e na páxina web http://xuventude.xunta.es

Segundo. Comunicar que a Resolución do 3 de novembro de 2021 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o artigo 17 da Orde do 29 de xuño de 2021, a participación nesta convocatoria supón a autorización das persoas participantes, a favor da Consellería de Política Social, dos dereitos de difusión dos proxectos presentados no marco deste programa, así como para montar exposicións e/ou para a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido das obras presentadas por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia.

As obras das persoas participantes deberán ser retiradas por elas ou pola persoa autorizada no lugar que determine a persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación coa decisión da persoa titular da dirección xeral competente en materia de xuventude.

Transcorrido este prazo, as obras non retiradas quedarán á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social, entendéndose que os seus autores e autoras renuncian a todo tipo de dereito sobre elas, a cal poderá darlles o destino que considere oportuno.

Cuarto. Segundo o artigo 18.3 da Orde do 29 de xuño de 2021, as persoas premiadas deberán:

Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como a autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da dirección xeral competente en materia de xuventude, da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da dirección xeral competente en materia de xuventude, para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.

No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada deberá indicarse de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución dos premios e axudas para a fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea no ano 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo)

Procedemento BS310Q: Xuventude Crea.

Mediante Orde da Consellería de Política Social do 29 de xuño de 2021 (DOG núm. 130, do 9 de xullo), establécense as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2021.

No seus artigos 2 e 3 recolle a definición das especialidades deste programa e dos premios por cada especialidade:

Un primeiro premio de 3.000 €.

Un segundo premio de 1.500 €.

Un terceiro premio de 1.000 €.

Así mesmo, no seu artigo 43, define unha axuda de 600 € para cada un dos grupos finalistas da especialidade de teatro.

O artigo 15 regula a resolución destes premios, logo da proposta do órgano instrutor, á vista do expediente e do informe de valoración da Comisión de Selección de cada especialidade.

A Comisión de Selección da especialidade de teatro asinou as actas en que se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite, as ditas actas foron trasladadas ao órgano instrutor para facer a proposta de resolución dos premios da dita especialidade.

Con base no indicado nos anteriores parágrafos, e vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I as axudas para o desenvolvemento da fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea no ano 2021 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Segundo. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo II os premios da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea no ano 2021 convocados na dita orde con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.10.

Terceiro. Publicar no anexo III a relación de solicitudes que non obtiveron premio.

Cuarto. Esta resolución que finaliza o procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021. A conselleira de Política Social. P.D. (Orde do 29.6.2021; DOG núm. 130, do 9 de xullo). Cristina Pichel Toimil. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Relación de persoas finalistas

Especialidade de teatro

Programa Xuventude Crea 2021

Nº exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación

Importe axuda

BS310Q 2021/065

Pablo Carrera Simón

***1730**

Vicus teatro

Entre un par de maletas a medio abrir e as agullas do reloxo

111

600,00 €

BS310Q 2021/080

Martín Rodríguez Díaz

***9181**

Xebra

Irremediablemente soa (declaración de amor á frustración)

132

600,00 €

BS310Q 2021/170

Carlota Rosón Rojo

***1583**

Mutismoa teatro

Romeo e Xulieta. Un ensaio sobre a frustración

105

600,00 €

BS310Q 2021/195

Inés Santos Acuña

***7013**

Mevadeus

Agro 5g

140

600,00 €

BS310Q 2021/297

Elsa García Comesaña

***2162**

As catro

Que rima con chomsky?

136

600,00 €

BS310Q 2021/298

Lohengrín Teatro

***7083**

Bolboretas

A mirada das bolboretas

103

600,00 €

ANEXO II

Relación de persoas premiadas

Especialidade de teatro

Programa Xuventude Crea 2021

Premios

Nº exp.

Nome

NIF/NIE

Pseudónimo

Título da obra

Puntuación final

Importe premio

1º premio

BS310Q 2021/195

Inés Santos Acuña

***7013**

Mevadeus

Agro 5g

140

3.000,00 €

2º premio

BS310Q 2021/297

Elsa García Comesaña

***2162**

As catro

Que rima con chomsky?

136

1.500,00 €

3º premio

BS310Q 2021/080

Martín Rodríguez Díaz

***9181**

Xebra

Irremediablemente soa (declaración de amor á frustración)

132

1.000,00 €

ANEXO III

Relación de solicitudes sen premio

Especialidade de teatro

Programa Xuventude Crea 2021

Nº exp

Nome e apelidos/Razón social

NIF/CIF

Pseudónimo

BS310Q 2021/182

IES Arcebispo Xelmírez I (Daniel Baamonde)

***5524**

Vai no dentista

BS310Q 2021/183

Asociación Labarata (Daniel Baamonde)

***6030**

Labaraa producións

BS310Q 2021/222

Asociac. Cultural Teatro Do Ar (Pablo Fernández)

***9277**

Panxonicos

BS310Q 2021/293

Sergio Llauger González

***8652**

Sl

BS310Q 2021/294

As Nove Musas

***5653**

Farándula velutina