Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2021 pola que se notifica o acordo ditado no expediente IG260.2020.1.8 e un máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, notifícaselles aos interesados o contido dos acordos, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento deles.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados de que contra os acordos, os cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o Consello de Dirección do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2021

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data acordo

Órgano que dita o acordo

Notificación

IG260.2020.1.8

Iconsa Gestión Internacional 3000, S.L.

Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia (Resolución do 20 de decembro de 2019, DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)

22.9.2021

Consello de Dirección do Igape

Acordo de denegación de préstamo

IG260.2021.1.5

Local O Parrote, S.L.

Préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia (Resolución do 23 de abril de 2021, DOG núm. 85, do 6 de maio)

25.10.2021

Consello de Dirección do Igape

Acordo de concesión de préstamo