Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 23 de decembro de 2021 Páx. 63633

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021 pola cal se publica o plan de estudos do máster universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por acordo do Consello de Ministros do 5 de outubro de 2021 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 22 de outubro por Resolución do secretario xeral de universidades do 6 de outubro de 2021).

Este reitorado, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Sistemas Aéreos non Tripulados pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Código RUCT: 4317743.

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

18

Prácticas externas OB

9

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Aerodinámica, mecánica de voo e propulsión

Obrigatoria

6

1ºc

Módulo Común

Fundamentos de sistemas aéreos non tripulados

Obrigatoria

6

1ºc

Operacións, lexislación e certificación

Obrigatoria

6

1ºc

Sistemas de observación

Obrigatoria

6

1ºc

Aplicacións en enxeñaría e arquitectura

Optativa

6

1ºc

Materias Optativas

Aplicacións no ámbito agroforestal e ambiental

Optativa

6

1ºc

Desenvolvemento de software crítico

Optativa

6

1ºc

Métodos de análise de datos

Optativa

6

1ºc

Sistemas de control

Optativa

6

1ºc

Sistemas de navegación e comunicación

Optativa

6

1ºc

Prácticas externas

Obrigatoria

9

1ºc

Prácticas Externas e Traballo Fin de Máster

Traballo fin de máster

Obrigatoria

9

1ºc