De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 9 de decembro de 2021, do proxecto de urbanización do sector M-3 do Plan de sectorización do polígono industrial de Montesalgueiro, no concello de Aranga (A Coruña), promovido pola Xunta de Compensación do Sector M-3.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2021
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático