Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2021 Páx. 63463

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 25 de novembro de 2021 pola que se convoca un proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo III, na categoría de técnico/a medio de tecnoloxías da información e comunicacións, polo sistema de promoción interna.

Atendendo aos criterios de publicación comunicados polo Boletín Oficial del Estado en relación coa resolución citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 235, do 9 de decembro de 2021, esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Proceder á corrección do punto segundo da base terceira, de xeito que na páxina 59845, onde di: «3.2. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado», debe dicir: «3.2. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia».

Segundo. Consecuentemente, o prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 13 de decembro de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo