Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2021 Páx. 63467

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021 pola que se modifica a Resolución do 25 de novembro de 2021 pola que se convoca un proceso selectivo para o ingreso como persoal laboral fixo do grupo III, na categoría de técnico/a especialista de física, polo sistema de promoción interna.

Atendendo aos criterios de publicación comunicados polo Boletín Oficial del Estado en relación coa resolución citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 235, do 9 de decembro de 2021, esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Proceder á corrección do punto segundo da base terceira, de xeito que na páxina 59862, onde di: «3.2. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado», debe dicir: «3.2. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia».

Segundo. Consecuentemente, o prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpor contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 13 de decembro de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo