Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 22 de decembro de 2021 Páx. 63523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o outorgamento do permiso de investigación denominado Manuela, número 5285, nos concellos de San Amaro e Cenlle (provincia de Ourense).

A Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 30 de novembro de 2021 a resolución de outorgamento do permiso de investigación denominado Manuela, número 5285, nos concellos de San Amaro e Cenlle (provincia de Ourense), cos seguintes datos:

Nome: Manuela.

Número de expediente: 5285.

Recurso: Sección C.

Termos municipais: San Amaro e Cenlle.

Titular: Petrolam Infraestructuras, S.L.

Superficie: 4 cuadrículas mineiras.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta,gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 9 de decembro de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense