Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 21 de decembro de 2021 Páx. 63252

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de cambio de uso dunha parcela.

O Pleno da corporación, na sesión extraordinaria do 10 de decembro do 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o cambio de uso da parcela da escola infantil de Celas IN-10, situada no lugar de Celas número 11, coa referencia catastral 8087401NH4888N0001IK, coa clasificación urbanística, de acordo co PXOU, de solo urbano para equipamento docente preescolar a outro uso de equipamento asistencial público.

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG e remitilo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, para os efectos da inscrición no Rexistro de Planeamento de Galicia.

Culleredo, 14 de decembro de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución 13.7.2020; BOP número 114, do 23 de xullo)
Marta María Iglesias Becerra
Concelleira delegada da Área de Urbanismo