Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 20 de decembro de 2021 Páx. 62587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 10 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Ampliación Graiade, no concello de Porto do Son (A Coruña) (expediente IN408A 2020/91).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicacións, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Eólica de Graiade, S.L. (CIF: B15966534).

Enderezo para os efectos de notificacións: Bodión, s/n, 15980 Boiro (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Ampliación Graiade (expediente IN408A 2020/91).

Concello afectado pola poligonal do parque eólico: Porto do Son (A Coruña).

Potencia: 6 MW.

Núm. aeroxeradores que se instalarán: 2 ud. × 3 MW de potencia nominal unitaria.

Produción media neta estimada: 24,9 GWh/ano.

Horas netas anuais equivalentes á potencia nominal: 4.155,5 horas.

Orzamento de execución material: 6.068.123,52 €.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Ampliación Graiade

A.D.E.

Graiade

Parque eólico Ampliación Graiade

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

A

499.203

4.723.779

Porto do Son

B

500.991

4.726.139

C

501.461

4.725.775

D

500.651

4.724.915

E

500.316

4.724.238

F

500.158

4.722.870

Parque eólico Ampliación Graiade

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

A-1

499.998

4.724.090

Porto do Son

A-2

499.713

4.723.600

Obxecto da actuación:

Trátase dunha ampliación do parque eólico (PE) en funcionamento Graiade (nº expediente IN661A 01/07, potencia instalada: 19,5 MW e mesmo titular: Eólica de Graiade, S.L.), que consiste basicamente na instalación de dous novos aeroxeradores e a realización das actuacións necesarias na actual subestación eléctrica transformadora (SET) 20/66 kV do parque eólico Graiade para a conexión destes novos aeroxeradores nela.

Características técnicas da instalación:

• Dous (2) aeroxeradores tripá, modelo V136 de Vestas, de 3 MW de potencia nominal unitaria, con velocidade e paso variables, altura ata a buxa de 82 m e un diámetro do rotor de 136 m.

• Dous (2) centros de transformación trifásicos montados no interior de cada aeroxerador, con transformador de illamento seco, potencia aparente unitaria 3.250 kVA e relación de transformación 0,69/20 kV.

• Estes centros de transformación interconectaranse entre si e coa SET Graiade 20/66 kV, existente no actual parque eólico Graiade, mediante liñas soterradas de 20 kV. O cable utilizado será condutor de aluminio tipo RHZ1 12/20 kV H16 de 240 mm² de sección.

• A liña de 20 kV de conexión dos dous novos aroxeradores coa subestación instalarase no interior dos tubos de reserva existentes, que foron instalados durante a construción do parque actual en previsión de futuras ampliacións. Concretamente, empregarase a canalización que conecta a posición actual G-11 coa SET, cunha lonxitude de 3.200 metros.

• A posta á terra da rede de media tensión (MT) está constituída por un cable de cobre nu, de sección 50 mm², tendido ao longo da canalización de MT, no fondo da gabia.

• Os aeroxeradores conectaranse, mediante unha rede de fibra óptica 8 fíos 9/125 μm, co centro de control situado no actual edificio de control da SET.

• Na existente SET Graiade 20/66 kV (constituída actualmente por tres posicións de entrada de 20 kV para a conexión dos circuítos de MT procedentes do parque eólico Graiade en operación) requírese a instalación dun conxunto de celas de 20 kV para protección e medida no novo circuíto procedente dos novos aeroxeradores, así como os equipamentos necesarios para posibilitar a medida fiscal de acordo coa regulamentación vixente. O transformador elevador 20/66 kV existente, cunha potencia de 20/25 MVA (ONAN/ONAF), é válido para a potencia máxima prevista, incluída a ampliación (25,5 MW).

• Os dous aeroxeradores verterán a enerxía xerada á existente SET Graiade 20/66 kV, desde a cal se evacuará a través da actual liña eléctrica aérea de 66 kV, que se conecta á rede de distribución na subestación Tambre 66 kV, propiedade de Unión Fenosa Distribución (UFD). A liña de evacuación e as infraestruturas de conexión na subestación Tambre 66 kV son existentes e válidas para a conexión da ampliación do parque eólico, sen que se requira actuación ningunha.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (abril 2020-asinado 23.8.2021).

1.1. Estudo de campos electromagnéticos (novembro 2021-asinado 13.11.2021).

1.2. Plano xeral do proxecto do parque eólico.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (maio 2021-asinado 1.6.2021).

3. O proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) (maio 2020-asinado 17.11.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral e para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que se consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), así como na Casa do Concello de Porto do Son (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/ampliacion-graiade 

A Coruña, 10 de decembro de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña