Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 20 de decembro de 2021 Páx. 62355

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 169/2021, do 2 de decembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello do Pereiro de Aguiar dun treito antigo da estrada provincial OU-0507, Castadón (OU-536)-San Miguel do Campo (OU-0507).

A teor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello do Pereiro de Aguiar solicita á Deputación Provincial de Ourense a titularidade dun treito da estrada vella entre Castadón e San Miguel do Campo, situado na marxe dereita da estrada provincial entre os puntos quilométricos 0+980 e 1+040. A Deputación de Ourense, no Pleno da Corporación levado a cabo o día 26.2.2021 acepta o cambio proposto polo concello.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, indica que o treito antigo da estrada provincial OU-0507 carece de funcionalidade dentro da rede provincial de estradas de Ourense, conta con 72 metros de lonxitude e comeza á altura do punto quilométrico 0+980, marxe dereita da estrada provincial OU-0507, e remata no punto quilométrico 1+040, marxe dereita.

Este treito antigo de estrada cumpre co estipulado no número 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, polo que se formula a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de decembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello do Pereiro de Aguiar de:

Clave

Denominación

PQi

PQf

Marxe

Lonx. (m)

Treito antigo da OU-0507

Castadón (OU-536)-San Miguel do Campo (OU-0507)

0+980

1+040

Dereita

72

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello do Pereiro de Aguiar deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre concello e deputación.

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello do Pereiro de Aguiar, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular da estrada.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dous de decembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade