Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 20 de decembro de 2021 Páx. 62472

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 9 de decembro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca para vinculación temporal, mediante concurso de méritos, a cobertura dun posto, con características específicas, de persoal licenciado sanitario para os servizos sanitarios de atención especializada da dita xerencia.

Advertido erro na publicación no Diario Oficial de Galicia núm. 241, do día 17 de decembro de 2021, do Anuncio do 9 de decembro de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca para a vinculación temporal, mediante concurso de méritos, a cobertura dun posto, con características específicas, de persoal licenciado sanitario para os servizos sanitarios de atención especializada da dita xerencia, de conformidade cos termos do punto 2.3 do vixente Pacto sobre a selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria (DOG núm. 240, do 18 de decembro de 2018), é necesario emendar o devandito erro deixando sen efecto o anuncio e a correspondente resolución da convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 241, do día 17 de decembro de 2021.