Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2021 Páx. 61708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Centros de Menores.

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Centros de Menores (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán ser membros ou asociadas de pleno dereito as entidades de iniciativa social que teñan un interese demostrado en xestionar profesionalmente centros, recursos e servizos e que desenvolvan programas destinados a previr, paliar ou corrixir procesos de exclusión social e promover procesos de inclusión, reinserción, dinamización ou participación social.

– Asinantes: Otilio José Piñón Rodríguez e José Antonio Morala Salamanca.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais