Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2021 Páx. 61703

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 2 do proxecto sectorial para a implantación da Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves (Plisan), nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (expediente 2021AAE2600).

De acordo co artigo 55 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 30 de novembro de 2021, sobre a modificación puntual número 2 do proxecto sectorial para a implantación da Plataforma Loxística Industrial Salvaterra-As Neves (Plisan), nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 2439/2021.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático